Na Coruña Contas

Volver

Hoteis para insectos

lameduse lameduse  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

hoteles-de-insectos_ampliacion.jpg
hoteles-de-insectos_ampliacion.jpg

Código proposta de investimento: 1644

¿Hoteis para insectos?

Pois si, estas habitacións de luxo para os nosos tan necesarios insectos poden axudar a atraer biodiversidades necesarias para os parques ou para as hortas urbanas ademáis de achegar a natureza aos máis cativos

Propoño que a elaboración de estes ¨Hoteis para insectos¨ se faga a través de obradoiros con persoas especializadas onde os peques podan construilos e saber mais sobre o mundo dos insectos.

Neste recomendadísimo artigo pódese entender moito mellor os para ques e os porques:

http://www.abc.es/natural/vivirenverde/abci-hoteles-para-insectos-201712121128_noticia.html

Localización: A ubicación dos hoteis para insectos terían que decidila as persoas especialistas

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos