Na Coruña Contas

Volver

Mellora/creación do carril bici.

andresroa andresroa  •  18/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 718

As bicis son un medio de transporte ecolóxico e san, o concello debería de promover o seu uso. Hai un carril bici moi bo pero tan so polo paseo, aínda que coa xeografía da cidade non é sinxelo por un carril bici, agradeceríase moitísimo a súa  implementación noutras zonas, preferiblemente polo centro.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Ata a data do presente documento xa se están desenvolvendo diferentes actuacións (carril bici Avenida San Cristóbal, Túnel Salgado Torres, CB Metropolitano desde A Mariña ata a Ponte da Pasaxe, Rolda de Outeiro desde a rúa Pérez Ardá ata a rúa Merced) e outras actuacións en fase de estudo e redacción de proxecto ( Palloza- Matogrande…). Así mesmo, xa se están desenvolvendo novos itinerarios ciclistas tipo carril bici no ámbito de Avenida Gran Canaria, ao seu paso pola antiga escola de Náutica con conexión ao paseo marítimo Alcalde Francisco Vázquez. Atendendo á proposta realizada polo cidadán, e dado que xa se están desenvolvendo novos itinerarios na zona (proxecto e execución), proponse a mellora do tramo de carril bici que discorre entre as Escravas ata o Monumento Millenium. O trazado existente é unha vía dentro da zona peonil, pero con pavimento diferenciado. A problemática que posúe este trazado, é a existencia de múltiples elementos urbanos que dificultan e obrigan ao usuario para modificar a súa traxectoria en toda a súa lonxitude. A adecuación de elementos urbanos que dificulten o tránsito e circulación de ciclistas consistirá na retirada e traslado de todos os elementos ao límite do pavimento ciclista co peonil. A rede de iluminación retirarase na súa totalidade e se reinstalará na mediana central co fin de eliminar calquera obstáculo nas zonas peonís/ciclistas e homoxenizando a iluminación de toda a vía. Contabilizáronse un total de 16 columnas de iluminación, 3 báculos semafóricos e unha estación Bici Coruña. O traslado e execución dunha nova liña de iluminación na zona central da mediana existente valórase en 4.598,00€ IVE incluído para cada báculo incluída a obra civil de nova canalización municipal. O traslado dos báculos semafóricos existentes é de 3.025,00€ IVE incluído para o traslado de para cada báculo semafórico, incluída a obra civil de conexionado á rede existente. Segundo o arriba exposto orzaméntase a actuación de mellora e adecuación do carril bici desde as Escravas ata o Millenium en 131.043,00€ IVE incluído. A adecuación e mellora do carril bici no tramo do paseo marítimo desde o centro escolar As Escravas ata o Monumento Millenium é declarada viable dado que non incumpre as bases dos orzamentos participativos." Agradecemos a túa participación neste programa e esperamos que volvas participar de novo na seguinte edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ramonparada

    Este informe de custo no sen sentido. ¿Foi un error? Está copiado palabra por palabra de este outro e co memso coste https://bit.ly/2Pk6h7U

    Se a proposta consiste en máis carril polo centro xa que xa existe moito no paseo maritimo o Concello responde exactamente co contrario do que se pide, osea mais carril polo paseo maritimo.

    Por outra banda absolutamente todolos comentarios están de acordo en que la mellor forma de concretala é unindo o carril do porto co do paseo maritimo a través da Praza de Lugo. O concello debería ter evaluado esa opción propoñendo outra similar se esta non fose viable.

    Sen respostas
  • lalipombo

    ..." aínda que coa xeografía da cidade non é sinxelo por un carril bici...". Bueno, pensó en ciudades europeas e otras nas que as inclemencias do tempo son ben peores, e tienen autopistas de bicis por toda a cidade. A geografía da cidade e perfecta para o carril bici, e senon habrá que facer esforzó e adaptarse pois e o que ten o uso real da bici....x favor facer un carril bici que recorra a cidade e doado. So se precisa vontade e criterio exoloxico - humano. A ver se o fan dunha vez. Aquí nin neva nin é d noite as 4 pm, remos de feito maís facilidades que escandinavia p.e que ten carril bici En toda a cidade.

    Sen respostas
  • rvc

    pienso que es buena idea ,lo ideal sería unir paseo marítimo con el de eiris pasando por la playa de oza y que vaya hasta el puente pasage y desde ahí se podría ir por el del burgo hasta cambre o por el de sta cristina y oleiros.Sale así un recorrido bastante asequible en desniveles y muy largo ,comunicando la ciudad con el extrarradio .
    Hay muchas propuestas para la bici ,lo que hace así que los votos estén más repartidos por eso voto a ezta candidatura ya que tiene muchos adeptos y es al final parte de lo que me gustaría y es en resumen que se amplíe el carril bici

    Sen respostas
Non hai fitos definidos