Na Coruña Contas

Volver

Peatonalizacion das rúas colindantes o Estadio de Riazor

alex alex  •  18/04/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 714

Estas ruas o redor do estadio xeneran moito movemento de persoas e resulta absoulatamente imposible que duas persoas podan avanzar pola parte inferior do estadio sen  que un dos peatons se tire a carretera, sería prioritario que estas zonas se humanizasen un pouco para crear unha zona mais orientada os cidadans e non os vehiculos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: "Segundo a proposta cidadá de ampliar e peonalizar a contorna do estadio de Riazor, estúdase a mellora da rúa Manuel Murguia. A rúa Manuel Murguia é unha rúa rectilinea, sen pendente, sendo unha vía de dobre sentido e dous carrís de circulación en ambos os sentidos. A rúa está delimitada por unha beirarrúa de pequenas dimensións polo lado do Estadio de Riazor e por unha liña de aparcadoiro e beirarrúa polo lado residencial. Proponse a ampliación de beirarrúas no lado do estadio de Riazor cara á calzada existente. Por iso será necesario ocupar parte do carril de entrada á cidade. Dado que na actualidade os carrís de saída da cidade están afectados polo aparcadoiro irregular de dobre fila, quedando impracticable un dos carrís. Por iso, proxéctase unha reordenación global da rúa Manuel Murguía, a través da eliminación dun dos carrís de saída da cidade, trasladando os carrís restantes cara ao carril eliminado. Este traslado de carrís permitiría a ampliación da beirarrúa do estadio de Riazor. A zona de aparcadoiro da marxe dereita sentido saída cidade tamén seria eliminada para a creación e ampliación de beirarrúas, implantación de novas paradas de bus…etc. A valoración para a renovación da rúa Manuel Murguia supera a cantidade de 1.000.000,00€ IVA incluído, polo que a proposta debe ser declarada Non Viable por exceder o importe máximo asignado aos orzamentos participativos de 2018." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • lkn.daniel

    sería, en mi opinión, mas optimo abrir los soportales del estadio que hay por la calle Manuel Murguia. la carretera es imprescindible ya que al abrirse la tercera ronda, es un acceso-salida primordial de la ciudad. la otra calle, la avd La Habana, tiene una acera ENORME, en serio no llegan los mas de 6 metros de ancho de acera????

    cierto que la acera es estrechisima, y peligrosisisisisma. se solucionaria abriendo, como dije, los soportales al uso publico.

    Sen respostas
  • lkn.daniel

    sería, en mi opinión, mas optimo abrir los soportales del estadio que hay por esas calles. la carretera es imprescindible ya que al abrirse la tercera ronda, es un acceso-salida primordial de la ciudad.

    cierto que la acera es estrechisima, y peligrosisisisisma. se solucionaria abriendo, como dije, los soportales al uso publico.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos