A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

Reservar Instalacións Deportivas Municipais online (na actualidade é imposible)

tomilegido tomilegido  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  •    6 comentarios

Código proposta de gasto: 1554

Hoxe en día é posible reservar calquera butaca do Teatro Rosalía dende a tua casa, pero non se pode alugar as instalacións deportivas municipais sen desprazarse en horario de mañá a tres puntos concretos da cidade (nos que as veces un ou dous non están operativos por baixas ou vacacións) aos que hai que levar os cartos en efectivo. Leva décadas sen ningún tipo de evolución o sistema de reserva na Coruña.

Propoño un investimento que favorecería a miles de usuarios que desexamos facer deporte na cidade. Un sistema de pago online acompañado dunha App para facelo dende o mobil. O ideal sería chegar a un convenio coa fundación Deporte Galego que tamén xestiona unha cantas instalacións na cidade e que teñen un sistema de pagamento ainda peor.

 

 

Localización: Todas as instalcións deportivas municipais. E se é posible, as que a Xunta de Galicia ten na cidade. Revisei como é o proceso noutras cidades galegas e xa teñen un sistema de reservas dende internet para poder usar as instalacións municipais.

Organización: Pachanga de las dos (Colectivo informal)

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta é viable, precisando para a súa execución dos seguintes requisitos: -Identificación dos usuarios que acedan ao servizo. -Descrición dos servizos dispoñibles na Sede electrónica. -Reserva de instalacións, visualización dos espazos e módulos dispoñibles, datas e franxas horarias para a reserva. -Inscrición en actividades. -Inscrición en eventos con aforamento numerado. -Selección e reserva de instalacións, localidades, ou inscrición en actividades. -Pago do prezo ou taxa a través da Pasarela de Pago Municipal. -Emisión e envío de entradas en formato print@home. -Emisión de xustificante que acredite a operación. -Emisión de factura. O coste estimado é de 28.000,00 euros máis IVE. " Agradecemos a túa contribución e agardamos contar de novo contigo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.