Na Coruña Contas

Volver

CUBERTA para patio central no CEIP MARÍA PITA

beafigueroa beafigueroa  •  11/05/2018  •  Distrito 7  • 

Cuberta_para_CEIP_María_Pita.jpg
Cuberta_para_CEIP_María_Pita.jpg

Código proposta de investimento: 1330

Proponse realizar unha cuberta para protexer da intemperie a zona de patio na que se desenvolven tanto as entradas principais de alumnos ao centro como a formación de filas e actividades de lecer.

Son aproximadamente 400 m² de cuberta na parte interior da U que forma a planimetría do edificio, de xeito similar á cuberta coa que conta o CEIP Salgado Torres, tal e como se amosa na imaxe.

Na actualidade non existe un espazo cuberto anexo ao centro para que en días de choiva os nenos poidan organizar as filas para as entradas e saídas protexidos, ou sair ao recreo con mal tempo.

Localización: CEIP María Pita. Rolda de Camilo José Cela. Elviña

Proposta en nome de: ANPA XANELA

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: "A normativa, do ano 2010, que regula os requisitos mínimos dos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria, esixe ventilación e iluminación natural e directa desde o exterior naqueles espazos nos que se desenvolva a práctica docente (artigo 3.2. e do Real decreto 132/2010). O patio cuberto proposto privaría da dita ventilación e iluminación ás aulas que teñen luces á zona para a que se propón a instalación do patio cuberto." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • cmpm1011

    Imprescindible esta iniciativa para que los niños puedan estar resguardados en la entrada, que al ser progresiva por filas supone un tiempo de espera a la intemperie, y que afecta también a profesores y acompañantes, como en la salida y en el desarrollo de las actividades extraescolares: sin cubierta, la entrada es desordenada y apurada; más importante si cabe es que puedan disfrutar del recreo todos los días a aire libre:. hay niños que no salen del edificio en toda la jornada escolar, desde que entran en madrugadores hasta que acaban las actividades a las 18:00.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos