Código proposta de investimento: 1330
Proponse realizar unha cuberta para protexer da intemperie a zona de patio na que se desenvolven tanto as entradas principais de alumnos ao centro como a formación de filas e actividades de lecer.
Son aproximadamente 400 m² de cuberta na parte interior da U que forma a planimetría do edificio, de xeito similar á cuberta coa que conta o CEIP Salgado Torres, tal e como se amosa na imaxe.
Na actualidade non existe un espazo cuberto anexo ao centro para que en días de choiva os nenos poidan organizar as filas para as entradas e saídas protexidos, ou sair ao recreo con mal tempo.
Localización: CEIP María Pita. Rolda de Camilo José Cela. Elviña
Proposta en nome de: ANPA XANELA
A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: "A normativa, do ano 2010, que regula os requisitos mínimos dos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria, esixe ventilación e iluminación natural e directa desde o exterior naqueles espazos nos que se desenvolva a práctica docente (artigo 3.2. e do Real decreto 132/2010). O patio cuberto proposto privaría da dita ventilación e iluminación ás aulas que teñen luces á zona para a que se propón a instalación do patio cuberto." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.
Estoy de acuerdo con la propuesta, es necesario para que los niños no se mojen los dias de lluvia, tanto al entrar como al salir del colegio y poder salir al recreo.
Es absolutamente necesario cubrir el patio del colegio para que los niños no se mojen.