Na Coruña Contas

Volver

REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Estado actual da rúa Panaderas, propoñendo a reducción a un carril.
Estado actual da rúa Panaderas, propoñendo a reducción a un carril.

Código proposta de investimento: 1048

Reordenación do tráfico desta rúa, estudando a implantación de circulación nunha única dirección, e ampliación das beirarrúas existentes.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Para poder ampliar o ancho das beirarrúas da rúa Panaderas cómpre eliminar un carril da calzada, polo que esta proposta está condicionada á realización dun estudo previo de mobilidade e tráfico que determine se é viable implantar un único sentido de circulación nesta vía. Ao custo dese estudio, previo e preceptivo, habería que engadir o custo da propia obra de reurbanización na que, por estar a rúa Panaderas incluida no ámbito regulado polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e a Pescadería (PEPRI), haberían de seguirse as condicións definidas no devandito documento, tanto no referente aos materiais que deben empregarse nas pavimentacións (lousado de pedra nos itinerarios peonís e asfalto na calzada), como ás caracterísitcas dos elementos de mobiliario urbano (cuxa dotación habería que incrementar). Así mesmo, valórase a execución de diversas redes de servizos municipais, así como a reposición dos restantes servizos afectados." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos