Na Coruña Contas

Volver

Ampliar beirarrúas Panadeiras. Continuación senda da Torre cara ao centro.

birnarem birnarem  •  13/05/2018  •  Distrito 10  • 

Panadeiras só de baixada
Panadeiras só de baixada

Código proposta de investimento: 1445

A proposta é eliminar un carril de tránsito na rúa Panadeiras, o de subida, mantendo o tránsito de baixada desde a rúa da Torre cara á rúa Orzán, que é o actualmente utilizado polas liñas de autobuses. Para facelo hai dúas alternativas:

- Desviar o tráfico de subida pola rúa Sol, ata a rúa Hospital, desde onde se pode comunicar con Monte Alto polo paseo marítimo ou subir pola rúa Hospital cara á rúa Orillamar. Esta opción tamén permitiría liberar de coches a rúa Cordonería.

- Desviar o tráfico de subida pola rúa Corralón, dirección Zalaeta e conexión máis arriba coa rúa Hospital e comunicación con Orillamar.

En ambos casos requeriría reformar lixeiramente a Praza do Pintor Sotomayor, para poder ampliar a beirarrúa de baixada, reducindo algo na parte de arriba pero ampliando por abaixo ao suprimirse o carril de subida, fundíndose a praza coa beirarrúa de subida.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos