Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Propostas de investimento non viables: Distrito 9

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Cubrir bancos no parque Adolfo Suarez

19/05/2017  •  Martin  •  Distrito 9

O parque Adolfo Suarez ten zonas con bancos pero todos descubertos...cando chove non hai onde taparse en todo o parque...ademais farian falta mais papeleras repartidas polo parque...Grazas!!!

Punto de auga na cala de San Roque-Cetárea

21/05/2017  •  monfero  •  Distrito 9

Instalación dun punto de auga, con fonte de auga potable e grifo para lavar ós pes á saída da cala de San Roque-Cetárea, á altura do paseo.

Creación de parking subterráneo explanada Pabellón Riazor

02/05/2017  •  javi  •  Distrito 9

Actualmente en dicha ubicación hay un parking gratuito de superficie, siempre lleno. La idea es crear un parking subterráneo gratuito de 3 o 4 plantas con capacidad entre 300 y 400 vehículos para conseguir dos objetivos.

1º Aumentar la capacidad de plazas de aparcamiento y evitar vehículos dando vueltas para aparcar, ruido, contaminación, etc.  Es una zona de estudiantes y deportiva, universidades, institutos, colegios, piscinas, polideportivos, estadio etc

2º Disponer de una amplia superficie para aumentar la plaza de Portugal, poner juegos para niños, equipamiento deportivo a pequeña escala y plantar árboles en los setos del cierre hacia la avda. Habana y paseo maritimo

Sendas peonís na cidade escolar.

21/05/2017  •  jose_castro  •  Distrito 9

Crear sendas peonís entre os diferentes edificios da cidade escolar (IES, conservatorio, pavillón, escola normal, escola de idiomas, UNED...) co fin de poder atravesar este amplo conxunto de edificios ser ter que bordealos. Ademais sepoden crear no interior espazos de uso público como xardíns. 

Trátase de recuperar un pouco o concepto de campus aberto co que foi deseñafo no século pasado por Tenreiro, malia que por motivos legais algúns destes edificios escolares teñan que ter un perímetro valado. 

Centro Cívico en Plaza de San Pablo, Pseo de los Puntes y Ciudad Jardín

26/04/2017  •  tela  •  Distrito 9

Hola a tod@s. Como presidente de la Asociación de Vecinos de la Plaza de San Pablo, Paseo de los Puentes y Ciudad Jardín, quiero proponer una necesidad más que imperiosa para un distrito, el más numeroso de la ciudad y con el núcleo de mayor de población envejecida, de la creación de un Centro Cívico para que est@s vecin@s puedan sentirse acogidos y entretenidos en los últimos años de sus respectivas vidas alejándose de la soledad en la que se encuentran en la actualidad. Para ello, esta Asociación que me honro presidir, propone la creación de ese Centro en una minúscula parte del solar que ese Concello cede generosamente a la Xunta de Galicia/Consellería de Sanidade, en el Paseo de los Puentes. Es una necesidad más que necesaria y que, desde aquí, agradezco de antemano a las personas que la lean y que la asuman. Muchas gracias y un cordial saludo.

Paso peonil a diferente nivel para cruzar a rotonda do Pavo

08/05/2017  •  feli  •  Distrito 9

Dado o tráfico que presenta o cruce entre Manuel Murguía, Ronda de Outeiro e a Terceira Ronda, as persoas con algún impedimento de mobilidade teñen auténtico pavor a cruzar polos pasos peonís regulados por semáforos que hai actualmente nesta intersección. O que propoño e a construcción dunha infraestructura que permita atravesar a pe ou en bici este nudo sen cruzarse cos vehículos. Ou enterrando o tráfico o doutro xeito menos gravoso.

Renovación das instalacións de saneamento da Rúa Alcalde Liaño Flores

11/05/2017  •  A. Martínez  •  Distrito 9

O motivo polo que propoño esta rúa débese a que supón un corredor natural vertebrador do barrio, que comunica e da servizo principal ao Centro  Ágora, A piscina e ximnasios da Xunta, un Instituto, un Colexio e unha Guardería públicos. 

Actualmente os edificios da marxe dos impares desaugan directamente á beirarrúa. 

HORTAS URBANAS NO ÁGORA

10/05/2017  •  lrf  •  Distrito 9

Creación de hortas urbanas no entorno do Ágora

Mellora de accesibilidade e ampliación de beirarúas na Rúa Alcalde Liaño Flores

11/05/2017  •  A. Martínez  •  Distrito 9

O motivo polo que propoño esta rúa débese a que supón un corredor natural vertebrador do barrio, que comunica e da servizo principal ao Centro  Ágora, A piscina e ximnasios da Xunta, un Instituto, un Colexio e unha Guardería públicos.

Actualmente ocorren incidentes de tráfico nos accesos e comunicacións do instituto, a rúa atópase permanentemente afectada pola doble fileira e non permite o paso de persoas en distintas direccións polo estreito das beirarrúas.

Ademais os pasos de peóns carecen de resaltos para facilitar a visibilidade dos vehículos.

Remodelación Rúa Barcelona

21/05/2017  •  Por el civismo siempre  •  Distrito 9

A rúa Barcelona precisa dunha remodelación e limpeza polo pavimento e polo estado no que se atopa, tendo en conta que é unha zona de moito tránsito e poboación