Na Coruña Contas

Volver

Mellora de accesibilidade e ampliación de beirarúas na Rúa Alcalde Liaño Flores

A. Martínez A. Martínez  •  11/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 356

O motivo polo que propoño esta rúa débese a que supón un corredor natural vertebrador do barrio, que comunica e da servizo principal ao Centro  Ágora, A piscina e ximnasios da Xunta, un Instituto, un Colexio e unha Guardería públicos.

Actualmente ocorren incidentes de tráfico nos accesos e comunicacións do instituto, a rúa atópase permanentemente afectada pola doble fileira e non permite o paso de persoas en distintas direccións polo estreito das beirarrúas.

Ademais os pasos de peóns carecen de resaltos para facilitar a visibilidade dos vehículos.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Nestes momentos está a redactarse precisamente o proxecto de melloras nesta vía para executalo en 2018. Por iso, seguindo as pautas deste proceso, a efectos da votación hase de declarar inviable. A nova sección proposta pretende dotar á rúa dunha sección continua de beirarrúa, por ambas as marxes, especialmente o da zona escolar, no que se incrementaría o arboredo e o mobiliario, dúas liñas de aparcadoiro e unha vía dun único carril de circulación. " Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos