Na Coruña Contas

Volver

Sendas peonís na cidade escolar.

jose_castro jose_castro  •  21/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 650

Crear sendas peonís entre os diferentes edificios da cidade escolar (IES, conservatorio, pavillón, escola normal, escola de idiomas, UNED...) co fin de poder atravesar este amplo conxunto de edificios ser ter que bordealos. Ademais sepoden crear no interior espazos de uso público como xardíns. 

Trátase de recuperar un pouco o concepto de campus aberto co que foi deseñafo no século pasado por Tenreiro, malia que por motivos legais algúns destes edificios escolares teñan que ter un perímetro valado. 

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois as parcelas nas que están os muros están cedidas á Universidade da Coruña e á Xunta de Galicia, polo tanto non é competencia municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos