Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Propostas de investimento non viables: Distrito 9

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Solución xente drogodependente

01/05/2017  •  lucia_g  •  Distrito 9

Atopar algunha solución viable para que a xente drogodependente non esté na rúa todo o día, xeralmente na rúa Tornos, Antonio Carballo ou Sagrada Familia.

Demolición do depósito de auga do Ventorrillo e creación de zona verde

16/05/2017  •  antolinp  •  Distrito 9

Descoñezo se o depósito de auga do Ventorrillo ten actualmenta algunha finalidade máis que servir de soporte para algunhas antenas de telefonía móvil. Nun barrio como o do Agra-Ventorrillo que tan escasas son as zonas verdes, a pequena zona verde que está ao seu carón e ampliamente valorada e utilizada polos veciños da zona. Estaría ben facer o plantexamente de que se o depósito e o recinto amurallado que o circunda non ten uso, ou caso de telo este podese desplazara outras zonas, aproveitar este espazo para ampliar e mellorar a zona verde que está ao seu carón comprendida entre as rúas Monasterio de Caaveiro, Rodrigo A. de Santiago e Avenida. Fisterra.

DEIXAR UN CARRIL POR SENTIDO PARA TRÁFICO EN AVDA DA HABANA

10/05/2017  •  lrf  •  Distrito 9

Eliminación dun carril por sentido na Avda da Habana, vía con escaso volume de tráfico urbano, o que permitiría a creación de carril bici e ampliación de área peonil ou para aparcamentos.

Baños nas áreas verdes do distrito

08/05/2017  •  platas-seixas  •  Distrito 9

Suxiro a colocación de baños nas zonas de encontro da xente dos barrios do distrito. O modelo máis axeitado é o de Oza e Vioño.

Humanización da Rúa Mosteiro de Bergondo

16/05/2017  •  antolinp  •  Distrito 9

Esta rúa e outra das rúas que presente un maior ancho que as rúas veciñas e podería perfectamente someterse a unha reforma na que se ampliasen as beirarrúas e se plantasen árbores. E unha rúa moi transitada por parte dos veciños do Ventorrillo e do entorno das Casas de Franco que cruzan hacia a zona da Rúa Barcelona. Na anterior lexislatura fíxose unha chapuza e só se ampliaron as interseccións desta rúa coas rúas perpendiculares. Ademáis na zona hai unha igresa e un centro social e a zona melloraría moito coa ampliación das beirarrúas e a plantación de árbores.

Instalación de máquinas biosaludables para adultos nos mariñeiros

08/05/2017  •  paz.garcia  •  Distrito 9

Hola. Gustaríame que se instalasen máquinas biosaludables para adultos no parque dos mariñeiros. Así cando levo o meu fillo ó parque, podería facer exercicio mentras o vixío, en vez de ter que estar sentada nun banco.   

ELIMINACIÓN CRUCE SEMAFÓRICO RONDA DE OUTEIRO/AVDA FISTERRA

09/05/2017  •  lrf  •  Distrito 9

Reordenación do tráfico entre a Ronda de Outeiro a Avda de Fisterra mediante a implantación dunha rotonda, en consoancia co cruce da Ronda con Manuel Murguía.

Eliminar cerre do Parque de Santa Margarida en rúa Palomar

20/05/2017  •  anilorrak  •  Distrito 9

Esta proposta de gasto complementa a proposta nº 588 sobre a eliminación do cerre do parque na Avda. Fisterra.

 O cerre do Parque de Santa Margarida na rúa Palomar é un obstáculo para o contacto directo co Monte.  O derrubamento do valado melloraría estéticamente o espazo urbán e evitaría ser un foco de insalubridade e malos olores. Propoñemos retirar a parte superior de valo en moi mal estado, roto e con ferros de estrutura á vista, perigoso para a xente. Isto implica tamén a retirada da reixa de forxa e a porta situada no lateral do Pazo da Ópera, que poderían ser reutilizadas para susbstituir parte do vello cerre que está situado sobre o mural de Leopoldo Nóvoa na Avda. de Arteixo.

Se fora necesario o peche puntual do parque ante unha alerta por temporal, pódese sinalizar con médios móviles (vallas, cintas) nas zonas de acceso.

Coches en doble fila na Ronda de Outeiro

01/05/2017  •  lucia_g  •  Distrito 9

Na Ronda de Outeiro dende a avenida de Arteixo ata a rotonda do Pavo Real (aproximadamente)  SEMPRE hai coches aparcados en doble fila. Só se poden utilizar dous carrís para circular, producindo atascos e complicacións para desviarse a outras rúas. Seguro que algo se pode facer para ir reducindo este problema pouco a pouco.

Reforzar la seguridad ciudadana y limpieza en el Barrio Sagrada Familia

16/05/2017  •  aynos22000  •  Distrito 9

Con los años veo que mi barrio se degrada cada vez más, volviendo a un estado que recuerda al de los años ochenta.

El trapicheo constante de drogas, la presencia de toxicómanos y el consumo de alcohol en la calle por personas que ocupan plazas, parques, y portales,  y que ante la escasa presencia policial, campan a sus anchas por el barrio, protagonizando altercados diarios, en muchos casos derivan en trifulcas y atracos, que atemorizan al resto de vecinos.

Al mismo tiempo, la falta de limpieza que provoca en el barrio la presencia de estas personas en la calle, no se ve paliada por la aplicación de recursos para mantener la higiene de las calles.

Mi propuesta es incrementar la seguridad ciudadana del barrio, con mayor presencia policial, y buscar una solución para las personas toxicómanas y que hacen a diario vida en la calle,y  reforzar la limpieza de las calles.