Na Coruña Contas

Volver

Humanización da Rúa Mosteiro de Bergondo

antolinp antolinp  •  16/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 476

Esta rúa e outra das rúas que presente un maior ancho que as rúas veciñas e podería perfectamente someterse a unha reforma na que se ampliasen as beirarrúas e se plantasen árbores. E unha rúa moi transitada por parte dos veciños do Ventorrillo e do entorno das Casas de Franco que cruzan hacia a zona da Rúa Barcelona. Na anterior lexislatura fíxose unha chapuza e só se ampliaron as interseccións desta rúa coas rúas perpendiculares. Ademáis na zona hai unha igresa e un centro social e a zona melloraría moito coa ampliación das beirarrúas e a plantación de árbores.

Localización: Rúa Mosteiro de Bergondo -Ventorrillo-Casas de Franco

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos