Na Coruña Contas

Volver

Eliminar cerre do Parque de Santa Margarida en rúa Palomar

anilorrak anilorrak  •  20/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 626

Esta proposta de gasto complementa a proposta nº 588 sobre a eliminación do cerre do parque na Avda. Fisterra.

 O cerre do Parque de Santa Margarida na rúa Palomar é un obstáculo para o contacto directo co Monte.  O derrubamento do valado melloraría estéticamente o espazo urbán e evitaría ser un foco de insalubridade e malos olores. Propoñemos retirar a parte superior de valo en moi mal estado, roto e con ferros de estrutura á vista, perigoso para a xente. Isto implica tamén a retirada da reixa de forxa e a porta situada no lateral do Pazo da Ópera, que poderían ser reutilizadas para susbstituir parte do vello cerre que está situado sobre o mural de Leopoldo Nóvoa na Avda. de Arteixo.

Se fora necesario o peche puntual do parque ante unha alerta por temporal, pódese sinalizar con médios móviles (vallas, cintas) nas zonas de acceso.

Localización: https://goo.gl/maps/EFxeQRJ7o492

Informe de inviabilidade

A proposta é inviable posto que actuación que se propone non entra na categoría de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos