Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Senda Verde

30/04/2017  •  psexto  •  Toda a cidade

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros xa nos temos dirixido ao Concello para solicitar que se realice un estudo e unha planificación para a construción dunha senda verde nos terreos que agora ocupa o oleoduto que une a terminal de San Diego coa Refinería de Repsol.

Recursos e mobiliario para as asociacións do REMAC

27/04/2017  •  vecina  •  Toda a cidade

Moitas asociacións e entidades sociais da cidade organizan eventos para os que precisan recursos e mobiliario dos que non dispoñen. Esto supón que teñen que asumir o custo de aluguer destes materiais ou pedilos a algunha organización.

De igual modo que o Concello ten dispoñible no Fórum unha Caixa de Recursos para prestar as asociacións equipamento técnico audiovisual e de son, debería haber algo similiar que facilitara ás entidades do REMAC outro tipo de recursos.

En concreto, propoño a compra de 4 carpas grandes, 10 casetas pequenas de madeira, 200 cadeiras pregables, 40 caballetes con taboleiros, 6 tarimas-escenario e 2 atrís. O préstamo destes recursos funcionaría de maneira análoga como a actual Caixa de Recursos.

Solucionar la rotonda de las ánimas.

14/05/2017  •  Anibal_exp  •  Toda a cidade

Es un entorno que a pesar de estar al lado de las murallas presenta un estado lamentable.

Solucionar desniveles en aceras, pavimentos inadecuados, moviliario urbano escaso y en mal estado, señalectica caótica y excesiva, vegetacion en mal estado...

Compra de solares baleiros da cidade para uso público

28/04/2017  •  ferseoanelopez@hotmail.com  •  Toda a cidade

Na Coruña abundan os solares baleiros, sen uso e incluso ruinosos mentres escasean os espacios verdes ou as zonas peonís

a proposta consiste na compra deses espazos ruinosos para mellorar as dotacións e calidade do espazo público da cidade.

comenzaría polo famoso solar do cruce de San Andrés e Mantelería no que o colexio de arquitectos xa premiou una gran proposta para darlle uso. Achego link:

App para pagar el transporte urbano

19/05/2017  •  acor_scity  •  Toda a cidade

Crear un App que permita el pago virtual de todos los tipos de tarifa y abono desde el móvil sin necesidad de usar la tarjeta Millennium.

El funcionamiento sería similar al de la aplicación que hay actualmente para pagar la ORA.

La finalidad no es poder recargar la tarjeta Millennium desde el móvil, la finalidad es pagar con el móvil sin necesidad de llevar la tarjeta.

Repartir os cartos entre cada cidadan

16/05/2017  •  1dilloti  •  Toda a cidade

Das propostas do ano pasado todas están en estudio/redacción menos unha que foi finalizada, meter aparatos biosaludables en Pablo Iglesias.Creo que deberían cumprir polo menos as mais votadas ou senón axudar cos presupostos de este ano para axilizar as do exercicio pasado.

Ascensor para personas con movilidad reducida en el parking de Riazor/Orzan

21/05/2017  •  lonegan  •  Toda a cidade

Me parece increíble que a estas alturas del siglo XXI, en una ciudad moderna como A Coruña y en uno de los parkings más grandes de la ciudad (recordemos que el parking de Riazor-Orzan va desde Salesianos hasta el estadio de Riazor) no haya ni un solo acceso para personas de movilidad reducida.

El único acceso posible son las entradas de los coches al parking, empedradas, sin apenas acera para peatones y muy inclinadas, lo peor para una persona en silla de ruedas. Además existe otro componente más: el peligro que conlleva ir por esa rampa debido a que muchos coches se meten como locos por ese acceso sin mirar si hay algún peatón. Por cierto, muchas padres y madres con carritos de bebés sufren la misma sensación de peligro cuando bajan por esa rampa.

Espero que se modifique cuanto antes porque un parking como el de Riazor-Orzan tiene que ser pensado para todo el mundo.

BUS ESPECIAL R.C. DEPORTIVO

21/05/2017  •  maravillas  •  Toda a cidade

•CREAR LIÑAS DE “BUSES LANZADERA” CON DESTINO O ESTADIO DE RIAZOR/COLISEUM... OS DÍAS DE PARTIDO/GRANDES EVENTOS

•BUSES CON MENOR NÚMERO DE PARADAS, CON PARADAS EN ÁREAS DE APARCAMENTO, E PARADAS SEMPRE A DISTANCIAS SUPERIORES A 2 KM DO ESTADIO/COLISEUM.

•FACILITAR A MOBILIDADE CIDADÁN DESDE O BARRIOS MAIS ALONXADOS AO EVENTO.

Área autocaravanas na zona do Acuario-Durmideiras

15/05/2017  •  aleixo_varela  •  Toda a cidade

Proponse a creación dunha nova área especifica destinada ao turismo de autocaravanas nalgún punto entre a Casa dos Peixes e Durmideiras, en resposta á gran demanda actual nesta zona da cidade e complementando á do Portiño.

A creación de dita área de pernocta suporía mellorar o servizo a os turistas e poñer a Coruña no mapa do crecente turismo desde tipo, facendo máis atractiva a visita á nosa cidade. Paralelamente, suporía unha mellora do uso e imaxe do aparcamento actual da Torre (insuficiente e invadido por autocaravanas) así como un aumento do espazo para estacionar vehículos convencionales dos visitantes (agora escaso).

Requerimentos básicos: 10-12 prazas, 800m2, aseo público, iluminación, auga corrente, contedor lixo, mapa da cidade con claves de interese turístico. Non sería necesaria a descarga de augas residuais das caravanas, ao existir xa este servizo no Portiño.

Creación dun museo da moda.

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Creación dun museo da moda, actividade íntimamente relacionada coa cidade e con Galicia. Empresas como Caramelo, Carolina Herrera, Alba Conde ou a mesma Inditex, están íntimamente relacionadas coa nosa comunidade e poden optar a ocupar  algún espazo municipal disponible (coma as naves de comandancia de obras, almacéns municipais ou un edificio de nova creación). 

Podería ir emparexado á realización de desfiles ou a un convenio coa UDC e as empresas interesadas para crear un grande polo de atracción.