Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

ACABAR CON TODOS LOS TAPONES URBANÍSTICOS.

04/05/2017  •  borjalamas  •  Toda a cidade

Lamentablemente, aún quedan en la ciudad varios tapones urbanísiticos con calles ciegas y con falta de servicios y equipamiento. En muchos casos, los planes ya contemplan su apertura y rehabilitación, pero por falta de dinero las obras se acaban atascando y estas calles permanecen igual de abandonadas. Mi propuesta consiste en reservar una partida para eliminar dichos tapones y adecentar estos puntos negros, como por ejemplo el que adjunto en el link (calle Pintor Román Navarro, perpendicular a la calle La Torre).

Unha cidade mais "humanizada"

18/05/2017  •  pablomecha  •  Toda a cidade

Gustaríame sentir que Coruña é unha cidade sen tanto asfalto, con aceras transitables, con zonas verdes, sen tanto laberinto urbanístico, etc... E refírome con isto os barrios, Montealto, Sagrada Familia, Catrillón, Gaiteira, Calle Barcelona, etc... Onde a maioría dos coruñeses pasamos o noso dia a dia e son unha auténtica anarquía urbanística, de tráfico, sin zonas verdes, sin veira rúas, etc... A cidade é algo mais que a súa fachada (paseo marítimo, cantóns, torre de hercules, etc). 

COLECTORES DE LIXO

21/05/2017  •  Sol  •  Toda a cidade

Os colectores de lixo que temos na actualidade na cidade, na súa maioria estan moi deteriorados e moi SUCIOS. Tamén creo que hai demasiados.

Entendo que primeiro tería que facerse un estudio do número necesario, da  sua colocación e do seu estado 

Segúndo,  un plan de reposición dos colectores en mal estado.

Terceiro: un plan de "x" anos, según o que poida reservarse para este tema no orzamento, para ir sustituindo os actuais  por os soterrados que son moito menos agresivos esteticamente e mais limpos, para que o cabo duns poucos anos podamos ter toda a cidade con este outro tipo de colectores

 

 

Creación dunha rotonda e aparcamento gratuíto na zona das Ánimas

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Deste modo, reorganízase a saída do Tunel de costa no enlace con Santo Antón, Cidade Vella e Paseo marítimo, reducíndose o espacio do automovil, creando unha maior marxe de espazo verde na muralla e ampliando a zona de estacionamento gratuíto para facilitar a peonilización da cidade Vella 

Instalación de puntos con bolsas para la recogida de los excrementos .

12/05/2017  •  jsus  •  Toda a cidade

Para que no haya excusas y tengamos una convivencia más cívica me gustaría que en las zonas en donde salen a pasear a los perros etc sus dueños/as se instalaran unos puntos con bolsas que una vez recogidos los excrementos se depositaran en el contenedor correspondiente.

A Casa da Dorna

15/05/2017  •  karpacho  •  Toda a cidade

Un espazo para:

  • Recuperar e fomentar o uso das embarcacións tradicionais de madeira galegas,
  • Divulgar as posibilidades deportivas e de lecer destas embarcacións tradicionais no mar coruñés e na ría do Burgo
  • Promover a filosofía ecosustentable da súa contrucción artesanal vencellada ó coidado das nosas rías, pero tamén á resuperación dos nosos montes

¿Qué aportaría á cidade a Casa da Dorna?

  • Actividades culturais e de lecer no mar para a cidadanía e o turismo.
  • Unha canle deportiva marítima tradicional e ecolóxica.
  • Un espazo de coñecemento e divulgación da nosa historia vencellada ó mar, das artes tradicionais de pesca e dos oficios tradicionais.
  • Un centro de coordinación para o coidado e recuperación das rías o dos montes da mancomunidade.

Ligazón: Unha fermosa "dorna xeiteira" restaurada pola "Asociación de Amigos da Dorna Meca" de O Grove. 

Pista de patinaje para competiciones oficiales

10/05/2017  •  pedrofn73  •  Toda a cidade

Se solicita a creación dun espacio acondicionado para o desenvolvemento de competiciones oficiais no ámbito do patinaxe, tanto en línea como en tradicional (dou eixes), tanto para competicións de velocidade,  de free style, de hockey,... no que se poidan disputar, en condiciones aceptables, estas modalidades a nivel federativo e a nivel recreacional.

Senda Verde

30/04/2017  •  psexto  •  Toda a cidade

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros xa nos temos dirixido ao Concello para solicitar que se realice un estudo e unha planificación para a construción dunha senda verde nos terreos que agora ocupa o oleoduto que une a terminal de San Diego coa Refinería de Repsol.

DOAZÓN VIVENDAS, EXENCIÓN IMPOSTOS, PARQUE DE VIVENDAS SOCIAIS DISTRIBUIDO

10/05/2017  •  berzotas  •  Toda a cidade

Obxectivo: crear un parque de vivendas sociais municipais, distribuido por todo o concello, formado por pisos doados por particulares.

Como: igual que fan outras entidades que operan na cidade e que aceptan pisos en doazón a cambio de contraprestacións.

Vantaxes: as vivendas non se concentran todas nun barrio, están distribuidas por toda a cidade, de xeito que a integración é máis doada e os veciños quedan libres do IBI.

Contraprestacións: exención do IBI ós propietarios de inmobles onde haxa un piso social, e, ós doantes: asistencia a domicilio, sepelio en San Amaro, nicho por X anos e recoñecemento na lápida á súa grande labor social.

Financiación: destinando a meirande parte dese parque a aluguer social.

Instalación de grellas nos parques da cidade

21/05/2017  •  monfero  •  Toda a cidade

Esta proposta pretende dinamizar os parques como espazo de convivencia para a cidadanía, facilitando a organización de xantares ao aire libre nos diferentes parques da cidade.

Instalación de grellas para asar sardiñas, churrasco, verduras, ... nos parques da cidade: Santa Margarita, Monte San Pedro, Adolfo Suárez, Eirís, ...