Na Coruña Contas

Volver

DOAZÓN VIVENDAS, EXENCIÓN IMPOSTOS, PARQUE DE VIVENDAS SOCIAIS DISTRIBUIDO

berzotas berzotas  •  10/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 325

Obxectivo: crear un parque de vivendas sociais municipais, distribuido por todo o concello, formado por pisos doados por particulares.

Como: igual que fan outras entidades que operan na cidade e que aceptan pisos en doazón a cambio de contraprestacións.

Vantaxes: as vivendas non se concentran todas nun barrio, están distribuidas por toda a cidade, de xeito que a integración é máis doada e os veciños quedan libres do IBI.

Contraprestacións: exención do IBI ós propietarios de inmobles onde haxa un piso social, e, ós doantes: asistencia a domicilio, sepelio en San Amaro, nicho por X anos e recoñecemento na lápida á súa grande labor social.

Financiación: destinando a meirande parte dese parque a aluguer social.

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois a doazón de vivendas non supón un gasto de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos