Na Coruña Contas

Volver

COLECTORES DE LIXO

Sol Sol  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 665

Os colectores de lixo que temos na actualidade na cidade, na súa maioria estan moi deteriorados e moi SUCIOS. Tamén creo que hai demasiados.

Entendo que primeiro tería que facerse un estudio do número necesario, da  sua colocación e do seu estado 

Segúndo,  un plan de reposición dos colectores en mal estado.

Terceiro: un plan de "x" anos, según o que poida reservarse para este tema no orzamento, para ir sustituindo os actuais  por os soterrados que son moito menos agresivos esteticamente e mais limpos, para que o cabo duns poucos anos podamos ter toda a cidade con este outro tipo de colectores

 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos