Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Reforma das Rondas

06/05/2017  •  Martineteiro  •  Toda a cidade

Tanto a Ronda de Nelle coma a de Outeiro, pasan por varios distritos da cidade. Así que ben se podería tomar como unha proposta de 6 distritos. 1.000.000 € proposta para a cidade (xa que todos empregamos éstas vías) ou 1.200.000 € (se a poñemos como proposta por cada distrito) 

-Implantación de novas beirarrúas. 

-Presenza de árbores cada 5m nas zoas practicables. 

-Modernización dos pasos de peóns, incluíndo leds no chan. 

-Actualización das luminarias. (retirada de farolas de autoestrada)

-Modernización da ponte da Ronda de Nelle. Pintala e aumentar notablemente a iluminación led por embaixo,  pra dar seguridade aos peóns pola noite e eliminar un posible foco de sucidade e pintadas.  

 

Peatonalización da rúa San Andrés.

18/05/2017  •  Iván Seoane  •  Toda a cidade

Algo imprescindible para a dinamización da zona.

Melloras no campo de fútbol Grela 1 - Rodrigo García Vizoso

02/05/2017  •  oscarmartinez92  •  Toda a cidade

Instalación dun vestuario máis para árbitros, e outros dous para equipos. Adecuación da instalación para o acceso de minusválidos, instalación de cabinas de prensa para que os partidos do Silva SD cumplan os requisitos mínimos de categoría nacional, instalación dun marcador electrónico, amaño de banquillos de fútbol 8 do lado da 'Mutua Gallega'.

6 paneis para difundir eventos e información de interés para os veciños

20/05/2017  •  Ken Keirades  •  Toda a cidade

Vivimos nunha cidade donde se desenrolan moitas actividades culturais e sociais que non sempre chegan a veciñanza nun momento en que Internet e a dixitalización ocupa o lugar sobranceiro que antes ocupaban outros medios de comunicación.  A miña proposta vaia encamiñada a  crear unha rede de 6 paneis informativos ao longo da cidade en zonas diferenciadas na que se ofreza información sobre actividades culturais e sociais promovidas polo goberno municipal o outras entidades públicas e asociacións sen ánimo de lucro que podan ser de interés para os veciños. Tamén podería aproveitarse para que o concello dese información propia: avisos de tráfico, calendario de tributos, horario e localización de puntos limpos móviles, información sobre trámites, festividades, télefonos e direccións  de interés etc...

Recuperación no treito en mellor estado do Tranvía Histórico

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Recuperación do treito de Tranvía Histórico entre cocheiras e As Esclavas, a fin de non ter a grande inversión realizada hai anos paralizada, e engadir atractivo turístico á cidade.

A posteriori pódese orzamentar a recuperación do resto da infraestructura a fin de crear un grande atractivo turístico dende Porta Real (turismo de trasatlanticos).

Cidades como Porto ou Lisboa fan do tranvía todo un símbolo turístico moi empregado diariamente. 

Oficina de Protección Animal e Convivencia

26/04/2017  •  Libera!  •  Toda a cidade

A Oficina Municipal de Protección Animal e Convivencia da Coruña é o departamento encargado de centralizar todas as tarefas e accións relacionadas coa tenza e benestar dos animais, así como as políticas tendentes a unha convivencia cívica e responsable.

A OPAC estará encargada da supervisión e control da concesión do servizo de recollida e acollida de animais, coordinación coas Concellarías para a elaboración de campañas educativas e de sensibilización, iniciativas para previr o abandono animal e fomentar a adopción, xestión do programa de control ético das colonias felinas e potenciación das políticas de 'sacrificio cero'. A súa creación posibilitará tamén o impulso de programas de voluntariado e xestores de boa convivencia.

Cidades como Zaragoza e Barcelona dispoñen de oficinas municipais especializadas, potenciando as políticas para a protección dos animais e a convivencia veciñal.

Mellora sinalización xeral na cidade

20/05/2017  •  aleixo_varela  •  Toda a cidade

Proponse a mellora da sinalización dos puntos de interese así como marcaxe, incluso multilingua, das entradas/saídas da cidade. 

  • Postes indicadores como os situados na praza de Ourense ou Praza de Mina están obsoletos, mal ubicados, demasiado pequenos para velos con anticipación, e non contemplan indicacións fundamentales como a do Palexco ou Policía Nacional, que recibe miles de visitas de ao ano de persoas de fora da cidade.
  • Postes como o de R. Regidor Somoza ou Juan Florez 4, non indican nin teñen en conta as novas infraestructuras como a terceira Ronda para saír da cidade.
  • Indicadores como o de aparcadoiros, ás portas do teatro Colón, son ridículamente pequenos e imposibles de ver dende o coche.
  • A indicación de rota ou ubicación aos centros hospitalarios na zona centro é prácticamente inexistente.
  • A cidade carece de sinalización para dirixirse aos diferentes barrios, co seu nome.

Mellora do tratamento das augas residuais da EDAR Bens

18/05/2017  •  RB  •  Toda a cidade

Polo que teño entendido existen distintos tratamentos convencionais que se lles pode dar as augas residuais: primario, secundario e terciario. Penso que na EDAR Bens o tratamento que se lle da as augas residuais é primario. Polo que a proposta de investimento consiste en mellorar o tratamento das augas residuais. Se é primario, pasar a secundario. Se é secundario, pasar a terciario.

Ampliación do carril bici

18/05/2017  •  RB  •  Toda a cidade

Ter un gran carril bici que vaia desde A Mariña ata o carril bici do Burgo (ou o máis próximo a el posible).

Instalación de grellas nos parques da cidade

21/05/2017  •  monfero  •  Toda a cidade

Esta proposta pretende dinamizar os parques como espazo de convivencia para a cidadanía, facilitando a organización de xantares ao aire libre nos diferentes parques da cidade.

Instalación de grellas para asar sardiñas, churrasco, verduras, ... nos parques da cidade: Santa Margarita, Monte San Pedro, Adolfo Suárez, Eirís, ...