Na Coruña Contas

Volver

Reforma das Rondas

Martineteiro Martineteiro  •  06/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 233

Tanto a Ronda de Nelle coma a de Outeiro, pasan por varios distritos da cidade. Así que ben se podería tomar como unha proposta de 6 distritos. 1.000.000 € proposta para a cidade (xa que todos empregamos éstas vías) ou 1.200.000 € (se a poñemos como proposta por cada distrito) 

-Implantación de novas beirarrúas. 

-Presenza de árbores cada 5m nas zoas practicables. 

-Modernización dos pasos de peóns, incluíndo leds no chan. 

-Actualización das luminarias. (retirada de farolas de autoestrada)

-Modernización da ponte da Ronda de Nelle. Pintala e aumentar notablemente a iluminación led por embaixo,  pra dar seguridade aos peóns pola noite e eliminar un posible foco de sucidade e pintadas.  

 

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa achega pero é inviable por ser multiproposta, o que a fai moi complicada de apoiar. Animámoste a dividila en propostas diferentes para que a cidadanía poida apoiar as que desexe.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos