Na Coruña Contas

Volver

Oficina de Protección Animal e Convivencia

Libera! Libera!  •  26/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 9

A Oficina Municipal de Protección Animal e Convivencia da Coruña é o departamento encargado de centralizar todas as tarefas e accións relacionadas coa tenza e benestar dos animais, así como as políticas tendentes a unha convivencia cívica e responsable.

A OPAC estará encargada da supervisión e control da concesión do servizo de recollida e acollida de animais, coordinación coas Concellarías para a elaboración de campañas educativas e de sensibilización, iniciativas para previr o abandono animal e fomentar a adopción, xestión do programa de control ético das colonias felinas e potenciación das políticas de 'sacrificio cero'. A súa creación posibilitará tamén o impulso de programas de voluntariado e xestores de boa convivencia.

Cidades como Zaragoza e Barcelona dispoñen de oficinas municipais especializadas, potenciando as políticas para a protección dos animais e a convivencia veciñal.

Proposta en nome de: Asociación Animalista Libera

Informe de inviabilidade

A organización dun servizo municipal non entra na categoría de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos