Na Coruña Contas

Volver

Humanización da Rúa Gramela

antolinp antolinp  •  16/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 475

No barrio do Agra do Orzán escasean as rúas anchas, sen embargo ainda que poucas, ainda hai algunha rúa que ten un ancho suficiente como para proceder á sua humanización: esto é, ampliación das beirarrúas, plantación de arbores , colocación de bancos, papeleiras, contederos para recollida selectiva, mellor visibilidade nos pasos de peóns,etc.... Penso que unha rúa candidata ideal sería a Rúa Gramela, xa que é unha rúa máis ancha con respecto a outras do barrio e creo que quedaría francamente ben e sería moi necesario ampliar as beirarrúas , facer alcorques para plantar arbores e a ser posible poñer algún banco e papeleira. Se se fisexe poderíase ter un circuito xunto á parte da avenida das Conchiñas que contar con árbores e a mesma praza das Conchiñas, moi agradable para todos os veciños da Agra do Orzán.

Localización: Rúa Gramela

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Proponse a urbanización da Avenida da Gramela entre as rúas Corcubión e Vila de Cee coa demolición completa da rúa para a execución dunha nova sección de beirarrúas de 2,9 metros de ancho e liñas de aparcadoiro en ambas as dúas marxes e un carril de sentido único en dirección Avenida Finisterre. A sección actual da rúa posúe beirarrúas de 1,90-2 metros de ancho en ambas as dúas marxes, e dúas liñas de aparcadoiro cunha calzada de dous carrís nun só sentido. Ao ser a vía dun só sentido, é frecuente a dobre fila quedando inutilizado un dos carrís de circulación. A rúa posúe baixos comerciais de pequeno tamaño moi frecuentados polo barrio, facéndose insuficientes as beirarrúas existentes. A nova sección proposta pretende dotar á rúa dunha sección continua de beirarrúa, dun mínimo de 2,90*m de beirarrúa por ambas as dúas marxes, dúas liñas de aparcadoiro de 2.20m de ancho e unha vía dun único carril de circulación de 3,5m de ancho. Coa humanización e co fin de suavizar o carácter urbano da vía instalaranse alcorques protexidos pola beirarrúa nas liñas de aparcadoiro en cordón de nova creación. A dotación de árbores plantadas será nunca inferior a 1 árbore por cada 3 vehículos. As especies escollidas será un arborado lento e folla perenne. Na valoración contemplouse a demolición completa da calzada existente e execución de novas laxas de formigón cun espesor de 20 cm. A execución dun colector de pluviais en toda a rúa ata a avenida Finisterre. Execución de novas beirarrúas e bordos ao ancho proxectado. Reposición e actualización da rede de RSU da zona. Sinalización e novos pasos peonís. A valoración da actuación completa é de 249.000€ IVE incluído". Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • jfbalsa

    Concordo con esta proposta. Peso que empezar por está Rúa é moi boa idea debido a, como dís, é a máis ancha da zona. Tamén podería ser interesante humanizar a continuación desta rúa, a rúa San Sebastián que da ata a Ronda de Nelle xa que a rúa San Sebastián é moi transitada por peóns.
    Está demostrado que as humanizacións que consisten en dexar máis espazo para os peóns levan consigo unha mellora do comercio local, só hai que ver os resultados nas cidades de Pontevedra e de Vigo. Esto é debido a que, aunque a priori, a eliminación de prazas de aparcamento é algo criticado polo comercio local o que é ter berarruas máis amplas beneficia a mobilidade peonil e fai que a xente se desplace andando, use menos o coche, e compre no comercio local o que reactivaría a zona ademáis de facela máis agradável.

      • antolinp
        antolinp  •  Autor  •  31/05/2017 09:14:58

        Si, continuar a humanización ata a Rúa San Sebastián sería ideal. E totalmente de acordó contigo nos beneficios que traen as humanizacións para o comercio local a pesares de que inicialmente os comerciantes son reticentes pola eliminación de prazas de aparcamento e sobre todo do aparcamento en doble fila.

        Sen respostas
Non hai fitos definidos