Na Coruña Contas

Volver

CARRÍS BUS/BICI EN RONDAS

lrf lrf  •  09/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 306

Creación de carriles bici nas rondas de Nelle e Outeiro, mediante a eliminación das plazas de aparcamento nas dúas marxes, que o único que provocan e unha ralentización do tráfico debido á doble fila.

Localización: RONDAS DE NELLE E OUTEIRO

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Proponse a execución dun carril bici desde a rotonda situada na avenida Gerardo Porto (paseo marítimo/ Millenium), ata o barrio Pescadores. Todo o desenvolvemento do carril bici discorre pola Rolda de Outeiro, conectando o carril bici do paseo marítimo, o barrio dos Rosales, o centro de Educacion a Distancia UNED, IES Rafael Dieste, fundación Padre Rubinos, Parque de San Pedro de Visma e campos de fútbol, pasando a través da Rotonda do Pavo Real e subindo pola Rolda de Outeiro ata o barrio Pescadores onde se sitúan os centros de educación IES Agra do Orzan (Infantil e secundaria) e o Complexo Deportivo Agra 1 e centro Ágora. O trazado escollido xustifícase co posible desenvolvemento de vías ciclistas alternativas de pendente reducida como poden ser a rúa Jaime Hervada que conecta co centro de saúde do Ventorrillo e conexión co Polígono industrial da Grela. Outras posibles conexións poderíanse facer pola Rúa Manuel Murguía comunicando a Ronda de Nelle, Estadio Municipal de Riazor, etc. O desenvolvemento da vía ciclista realízase na marxe dereita da Rolda de Outeiro en dirección Estación de Tren, eliminando ou desprazando a liña de aparcadoiro en cordón existente na devandita marxe, liquidando os problemas de circulación nos carrís principais por dobre fila e manobras de aparcadoiro. A sección de firme proposto para o carril bici, estará composta por unha vía de 3 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril en toda a súa lonxitude. O devandito carril bici será unha vía de dobre sentido. Crearase unha nova rede de pluviais mediante sumidoiros en todo o carril bici. Nas zonas xa urbanizadas realizarase unha reparación e/ou reposición do firme existente, priorizando o uso do firme existente sen crear novas áreas de pavimentación. Nas zonas que requiran unha adecuación maior pola interferencia con zonas peonís de beirarrúa, realizarase unha demolición da zona afectada, reposición de bordos en beirarrúas e execución dun novo firme de iguais características que a área precedente. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos a motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular, así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación. A valoración para a creación de 1118 metros lineais de carril bici desde o monumento Milleniun situado en Avenida Gerardo Potto ata o barrio Pescadores é de 250.000,00€ IVE incluído." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • aleixo_varela

    Atendendo a criterios de seguridade e aproveitamento do espazo, as sendas para bicicleta deberían discorrer por rúas paralelas ás rondas comentadas, con tráfico máis calmado/Zonas 30. Mesturar bicis, buses e coche nás dúas vías internas máis transitadas e costentas non me parece adecuado aínda que haxa carril específico. Logo, a eliminación de centos de aparcamentos na zona máis populosa de Coruña, sen plantexar alternativa, no merece moito comentario.

    Sen respostas
  • bmontero

    Si fuese un carril bus que permitiese pasar las bicis tendríamos un 2x1
    Por un lado el bus iría más fluido (sobretodo en el entorno del pavo real en días de lluvia y en horas punta) y por otro lado los ciclistas podrían ir en él (pudiéndose hacer un apartadero para que la bici se separe si es necesario a descansar en la zona de subida)

    Sen respostas
Non hai fitos definidos