Na Coruña Contas

Volver

Pacificación do tráfico na contorna do CEIP Labaca (Zona 30)

lbv lbv  •  03/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 170

O CEIP Labaca está situado no último tramo da rúa Juan Flórez, onde o tráfico é moi denso -especialmente ás horas de entrada e saída da escola- e, ao tratarse dunha vía que enlaza directamente coa saída da cidade, a velocidade é sempre moi elevada. Ademais, non existe separación física entre a beirarrúa e a calzada, o que permite aos coches invadir a primeira. Estas condicións crean situacións cotiás de perigo cos menores que diariamente a utilizan para ir á escola.

Por iso, proponse unha actuación que reduza a velocidade do tráfico no tramo de Juan Flórez no que está situado o colexio, sinalizando como zona 30 -tanto na calzada como mediante sinalización vertical- todo o tramo desde a rúa Travesa do Monte e, polo menos, ata Antón Vilar Ponte-, actuación que se podería completar coa instalación de badéns, así como bolardos que impedisen a invasión da beirarrúa por parte dos vehículos.

Localización: Rúa Juan Flórez, tramo entre Rúa Travesa do Monte e rúa Antón Vilar Ponte

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • adelafigo

    Estaría moi dacordo coa colocación de bolardos, pero non considero prioritaria a proposta, a pesar de ir a pé a cotío pola mesma, xa que en xeral a beirarrúa non é tan estreita e Juán Flórez é normal que teña gran afluencia de tráfico xa que constitúe un punto de saída moi importante da cidade para miles de persoas que viven ou entran na Península, zona vella, Orzán e Riazor que van a dar á Praza de Pontevedra, como sabe o compañeiro que fai a proposta e onde arranca Juan Flórez.
    Eu ao contrario, pediría máis policía local na zona,sobre todo para impedir as dobles filas continuas que hai e perto dese tramo máis, que o fan máis perigoso para os nenos, multando aos carros aparcados nun carril de circulación.
    Menos viable aínda me parece o de diminuír a 30 a velocidade, pq se el ten coche sabe que practicamente é materialmente imposible ir co contaquilómetros a 30 tendo menos senso aínda isa velocidade como dí el "ao tratarse dunha vía que enlaza directamente coa saída da cidade".

      • cgomezr

        En la mayoría de las ciudades europeas, las calles están limitadas sistemáticamente a 30 salvo excepciones para alguna arteria principal (con muchos más carriles que Juan Flórez). Y por cierto que al final esto hace que se llegue más rápido a los sitios en coche, demostrado en numerosos estudios porque la menor velocidad permite quitar semáforos y que la circulación sea más eficiente. Pero "Spain is different". Aquí se ve que los coches se aceleran solos, igual que tampoco íbamos a poder dejar de fumar dentro de los locales públicos, etc.

        Sen respostas
Non hai fitos definidos