Na Coruña Contas

Esta persoa usuaria non acepta mensaxes privadas.

homergz homergz

Comentarios
Enganche do carril bici na rotonda do Mercado de Elviña
Non é rúa sen saída. Hai beirarrúa e boulevard peonil con semáforo e paso de peóns. Non hai necesidade de encher os pés de terra. Para o caso do carril bici, remata nun ceda, sí, pero incorpórase, na proximidade dun cruce, a unha rúa limitada a 30Km/h. Pódense estudiar solucións, pero claramente, cruzar pola entrada do parking, atravesando setos, sen visibilidade e sen paso de peóns, tendo un a escasos metros... non parece a mellor opción. E xa non falemos o de asfaltar enriba dunha zona verde.
TURBO-ROTANDA. SUSTITUCIÓN DE ROTONDA DE MATOGRANDE POR TURBO-ROTONDA
... pero si fan un carril bici, a ciclovía ten prioridade, ademáis de ser o carril máis externo de todos... e daquela acabouse o concepto "Turbo-rotonda" Creo que as Turbo-rotondas non deben ter cabida nunha cidade 30, pero bueno, para esto están os comentarios, para dar distintos puntos de vista. Aínda non o dixen: grazas por aportar e construír cidade.
Enganche do carril bici na rotonda do Mercado de Elviña
O uso deste camiño de terra é moi perigoso!! Case máis que usar a calzada. Son usuario do parking e, ao virar na rotonda, as árbores e o propio cartel do párking impiden ver ás persoas que pasan (mal) polo camiño. Xa teño levado sustos. Pódeste incorporar á calzada e circular coma calquera vehículo, aproveitando que é unha zona limitada a 30 Km/h, ou ben baixar da bici e ir a pé polo bulevar. Eu é o que fago case que todos os días. Saludos!
TURBO-ROTANDA. SUSTITUCIÓN DE ROTONDA DE MATOGRANDE POR TURBO-ROTONDA
Debemos ter en conta que bicicletas e patinetes tamén son usuarios da vía. Obrigalos a utilizar o carril interno da rotonda non sei eu si será moi seguro (nin cómodo) para eles. Por outra banda, si vés da Avenida e queres torcer para Salvador de Madariaga, obriga a facer un cambio de dous carriles en 50m, antes de entrar á rotonda. Sen ánimo de polemizar, eu penso que as rotondas, con un, dous ou máis carriles concéntricos xa son a mellor opción.