Na Coruña Contas

  • homergz

    Non é rúa sen saída. Hai beirarrúa e boulevard peonil con semáforo e paso de peóns. Non hai necesidade de encher os pés de terra.
    Para o caso do carril bici, remata nun ceda, sí, pero incorpórase, na proximidade dun cruce, a unha rúa limitada a 30Km/h.

    Pódense estudiar solucións, pero claramente, cruzar pola entrada do parking, atravesando setos, sen visibilidade e sen paso de peóns, tendo un a escasos metros... non parece a mellor opción.
    E xa non falemos o de asfaltar enriba dunha zona verde.

      • erikskauch
        erikskauch  •  Autor  •  20/10/2021 20:03:45

        Unha solución sinxela (e barata) podería ser facilitar a entrada dende Salvador de Madariaga ao parque, facer o carril por medio do bulevar (sen necesidade de atravesar setos nin o camiño de terra) de forma que pasara por detrás da entrada do parking ata chegar ao semaforo. O tramo doutro lado de José Miñones xa sería mais doado de conectar co carril bici que continua ata Matogrande.

        Tal e como está agora o carril bici remata abruptamente na estrada onde, ainda que a limitación é a 30 km/h a maioría non o respecta. Iso por non falar de que a entrada a rotonda xa é perigosa dabondo para os coches (tampouco se respectan moito as prioridades...) así que indo en bici ainda peor.

        Sen respostas