Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

lrf lrf

Comentarios
CARRÍL BICI EN RONDA DE OUTEIRO
xa vin, pero penso que nesta fase xa non che vai deixar borrala pasa o mesmo con varias propostas, ao repetirse dividirase e voto e van perder forza...unha mágoa
Ampliación de acera en la parada 252 de los Mallos
esta obra está xa aprobada e á espera de adxudicación, recollida no seguinte proxecto de mellora da accesibilidade en toda a zona https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/perfilcontratante?method=view&id=2705
Plantar árboles en Calle Industrial y Av. Arteixo 18
boa proposta, podían tamén poñelos na mediana
PEATONALIZACIÓN DE LAS CALLES ALCALDE MARCHESI Y PRIMAVERA
concordo totalmente, ía facer eu a mesma proposta
Creación de pasos de peatones en la Avda. de Arteixo
Moi necesario, pódese ver no céspede como xa son actualmente utilizados pola cidadanía
Crear local para centro civico municipal en Cuatro Caminos
Penso que a proposta de reforma para a creación dun espazo multifuncional nese edificio xa está aprobada nos orzamentos do Concello deste ano
Estación bicicoruña en Cuatro Caminos
efectivamente, foi aprobada o ano pasado con 114 votos, nos seguintes links podedes velo https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/results?heading_id=9 https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/157
Reorganizar pasos peatones cruce calles Vizcaya, Sofía Casanova y Ricardo Labaca
Paréceme moi necesario, de feito eu fixen unha proposta no mesmo sentido, por se podemos sumar forzas para buscar apoios. https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1282 ademáis estas outras dúas na zona https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1244 https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1283
Reurbanización da rúa Ramón Cabanillas
Moi necesaria. Penso que esta proposta está xa incluida nos orzamentos aprobados este ano polo Concello.
HUMANIZACIÓN DE LAS CALLES ANEXAS A LAS VIVIENDAS COLONIA JUAN CANALEJO
Paréceme moi necesario, de feito eu fixen dúas propostas que van nesa liña, por se queres apoialas e difundilas. https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1282 https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1244 e esta outra tamén na zona https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1283
Ciudadanos con-ciencia = Ciudad del siglo XXI
O Concello xa conta con medios actualmente, no CMIX do Fórum Metropolitano prestan micro e altofalantes de maneira gratuíta, e en canto á difusión tamén axudan se se trata dunha asociación ou colectivo
Pavimento
eu non creo que exista ese problema xeralizado, de feito este mesmo ano abordouse na maior parte da Ronda de Outeiro e está en contratación para o barrio das Roseiras. Penso que non é necesario adicar 1M€ a solventalo, centraría os esforzos nalgunha actuación concreta
Carril bus
Concordo totalmente. É necesario un carril bus en ambos sentidos por Juan Flórez.
Plantación de árboles en la mediana de la calle Javier López López
Boa proposta, pero penso que ao discorrer o Oleoducto baixo a mediana non se permite a plantación de arborado por razóns de seguridade, igual sí se poderían arbustos de flor e froita.
Restauracion lavadoiro publico de Cances de manancial natural
Moi boa proposta.
semaforos e mellora paso peatons
Tal e como está disposta a distribución dos Distritos, penso que á proposta lle corresponde estar no distrito 3. Eu sí que penso que debería mellorarse, pero en canto aos semáforos opino xusto o contrario, que debería quitarse no cruce de Menéndez Pelayo con Emilia Pardo Bazán por innecesario, os coches deben respetar e frear.
ADECUACIÓN DUNHA MARXE DA ESTRADA DO PORTIÑO CON BEIRARRÚA E CARRIL-BICI .
ía escribir o mesmo comentario
Nuevas farolas en el paseo marítimo
Paréceme unha proposta interesante, pero tal e como está disposta a distribución dos Distritos, penso que lle corresponde estar no distrito 10.
Cocheiras de Tranvías
Paréceme unha proposta interesante, pero tal e como está disposta a distribución dos Distritos, penso que lle corresponde estar no distrito 10.
Creación dun circuito de cross e BTT en Penamoa
Paréceme moi boa idea, pero tal e como está disposta a distribución dos Distritos, penso que lle corresponde estar no distrito 2.
ELIMINACIÓN XIRO Á ESQUERDA ENTRE CANTÓN GRANDE E RÚA NOVA
Ola, Actualmente dende a metade do Cantón Pequeno, á altura da libraría, ata o propio cruce, existe un terceiro carril en sentido entrada da cidade, que ten como única finalidade o xiro á esquerda en rúa nova. Toda esa superficie podería servir para ampliar as aceras, a mediana, crear un carril bici, o uso que mellor se pense. Son case 300 metros lineais, que serían uns 1000 m2 de superficie libre. O que está claro que como vial non é necesario, e máis, eu penso que con un só carril por sentido sería suficiente dende a praza de Mina en todo o Cantón.
Posta en valor da Arqueta dos Frailes (manantial que abastecía a cidade)
moi boa proposta
BiciCoruña con paradas diante de todos os complexos deportivos da cidade
Moi boa proposta
Reparquea Coruña. Natureza e xogo libre nas prazas da cidade
Non cambiaría nin unha soa coma desta proposta. Impecablemente exposta e moi acertada.
Mellora da rede de saneamento
Incluir neste punto a separación das augas de mar que se infiltran na rede municipal