Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

anilorrak anilorrak

Comentarios
Humanización da rúa Nebrija, paso entre Ronda de Nelle e o CEIP Paseo das Pontes
CEIP non, perdón, é CIFP. Centro de Formación Profesional, non de infantil e primaria.
Estación Bicicoruña en inmediaciones cruce Ronda de Nelle con Avenida Finisterre
Outro lugar para situar esta estación sería na rúa Cancela de Fóra, facéndoa peonil, e colocando bancos e zona verde, xa que é unha rúa pequena pero con espazo abondo para a estación e que actualmente só serve para aparcar algúns coches. Non ten moita utilidade como vía de circulación de coches (pódese acceder á rúa San Sebastián dende Ronda de Nelle perfectamente dende a Avda. Fisterra). Por outra banda é unha rúa na que pecharon todos os negocios (excepto 1 ao inicio) e facela peonil eútil podería ser un bo xeito de revitalizala.
Carril bici aprovechando obra de urgencia Avda.Arteixo cruce cin Ronda de Nelle
A resposta dos técnicos municipais a esta proposta éa mesma que deron á proposta "Carril Bici en toda a cidade" feita por Gonzalo no apartado para "Toda a cidade". Non sei se estamos votando dúas veces o mesmo, se iso implica máis orzamento a esta obra...
Humanización C/ San Pedro de Mezonzo y colindantes
A humanización desta rúa podería verse completada coa peonalización da "T" que forman as rúas adxacentes Nebrija e Jorge Borrow. Actualmente case non hai espazo para os peóns, suciedade, cheas de coches aparcados ou abandonados, beirarrúas de menos de 1 metro e unha escaleira con verdín e barandilla podre na unión con Ronda de Nelle.
Pintar Bajos del viaducto de la Ronda de Nelle
Pintar con murais feitos por artistas locais, coma se fixo no seu día no de Catro Camiños. Aínda que se vaia tirar o viaduto, aínda pasará tempo ata que poidan comezar as obras.
Pintar con murais a ponte da Avda. Fisterra con Ronda de Nelle.
A realización de murais por artistas locais nesta zona entendimos que suporía un gasto extra máis alá do pintado polo mantemento e limpeza. Por iso o propuxemos tamén nesta convocatoria coma unha mellora cultural (mesmo podería enlazar co evento de Viñetas do Atlántico).