Na Coruña Contas

  • anilorrak

    Outro lugar para situar esta estación sería na rúa Cancela de Fóra, facéndoa peonil, e colocando bancos e zona verde, xa que é unha rúa pequena pero con espazo abondo para a estación e que actualmente só serve para aparcar algúns coches. Non ten moita utilidade como vía de circulación de coches (pódese acceder á rúa San Sebastián dende Ronda de Nelle perfectamente dende a Avda. Fisterra). Por outra banda é unha rúa na que pecharon todos os negocios (excepto 1 ao inicio) e facela peonil eútil podería ser un bo xeito de revitalizala.

    Sen respostas