Na Coruña Contas

  • ramon61
    ramon61  •  Autor  •  23/06/2016 11:17:24

    Pois mira, eu non son enxeñeiro, pero saquei matrícula de honra na universidade de Don Pero Grullo.
    O que dis agora non e o que dicías antes, reléete: "Xa non queda NADA que aproveitar",.
    Eu non pretendo como algúns iluminados da esquerda de este país, mudar do negro o branco dun dia para outro, nin exixo que a desfeita de Negreira de haber desmantelado e abandonado a riqueza do tranvía turístico para a cidade (mil veces mais efectivas que encher a cidade de lonetas en canta farola hai e colocar unha lona distinta cada sema ca reivindicación que sexa tapando a faciana o Axuntamento, pra disgusto dos turistas) sexa reparada antes do San Xoan (como prometeu Negreira no seu primeiro ano de mandato para despois cargárseo).
    Váleme con un pasiño, logo outro despois o seguinte, coma os nenos que empezan a camiñar e recuperar a riqueza que aporta o tranvía a corto medio e longo prazo (un, catro ou oito anos).

      • aleixo_varela

        Eu doulle varias voltas ás cousas antes comentar. Semella que aínda non quedou claro que falamos sempre de diñeiro; bueno, pior: de diñeiro público e limitado. Non sei se o señor Amancio Ortega tería liquidez de abondo para recuperar o Titanic do leito mariño (agardo que se me perdoe a comparación), pero como di o anuncio do cuponazo da ONCE, "eso no suena barato". Claro que se pode reinstalar o tranvía na Coruña, pero ¿a qué prezo? Dende logo, moi superior a estes orzamentos participativos. ¿E cal sería o custo de oportunidade de dito investimento? Verdadeiramente hai moito que reflexionar antes de premer "Publicar resposta".

        Sen respostas