Na Coruña Contas

  • Martín Río

    En consonancia coa política de mellorar a accesibilidade, proponse a instalación dun ascensor na rúa Historiador Vedía. Esta é moi transitada, nunha zona con moitas costas, e na que a alternativa supón desviarse moito se non se queren usar as escaleiras. Actualmente, impiden o paso a persoas con mobilidade reducida, familias con carros de nenos ou xente que leva bultos. Ademáis nun dos sotos atópase a A.C.Xacarandaina, que leva traballando a prol da cultura tradicional desde o 1978 e conta con máis de 1000 socios e máis de 600 persoas que acuden semanalmente a actividades, e esta situación impide o acceso a moitas persoas que deixan de asistir á Asociación. A mellor opción sería a instalación dun ascensor que facilitara o tránsito, entendendo que este non se podería garantir cunhas escaleiras mecánicas, e sería necesario que tivera paradas nos diferentes sotos ao longo da escaleira.

    Sen respostas