Na Coruña Contas

  • beatrizgomezamigo@gmail.com

    Sinto, lamento que o Concello abandone a noso barrio, sendo que foi masacrado nos tempos dos gobernos de Francisco Vázquez e Carlos Negreira. Tivemos que aturar un trasego de coches para aceder ao poboado chabolista de Penamoa, con serios problemas de inseguridade, de drogadición. Deterioro que sofrimos os lugares de A Silva, Cances, Moura, Comeanda, Bens, A Gramela...Eso supuxo que os camiños municipais cubríranse de mato, empobrecérase o barrio, con moitas casas en ruínas. E un dos medios máis eficaces para superar ese retroceso era poder transitar polos carreiros, con seguridade, comunicarnos como podían facelo nosos pais e nais, nosas avoas...de Cances a Comeanda, ou S. Pedro. Agardo entendan da dificultade de conquerir que a veciñanza entenda como beneficioso poder circular polo camiños de carro con seguridade.

    Sen respostas