Na Coruña Contas

  • beatrizgomezamigo@gmail.com

    Sinto. Paréceme unha discriminación que un anaco de barrio, do rural da Coruña, careza de comunicación. A xente do Agra do Orzán paséase polos nosos carreiros e montes, ao sol, co privilexio que supón frente ao barrio de cemento veciño. Pero a comunicación é moi deficiente. E o Concello non tería porqué executar a obra de poñer fibra óptica, porque son as empresas responsables, Movistar, concretamente, por esta zona, as que teñen que levar a cabo o proxeto. O Concello é quen ten que mirar pola veciñanza, para que non se creen barrios ricos e barrios probes, dado que noso barrio paga os impostos como os paga o do Centro, ensanche,... Non se pode traballar na casa, nin estudar, sen ter unha comunicación por interner digna, dado que comunicámonos por datos, co gasto inmenso que supón para unha economía modesta. Agradecería que lle lo fagan saber á concellalía responsable. Grazas.

    Sen respostas