Na Coruña Contas

  • ClaraVidal

    Estaría conforme se a túa proposta fose crear varios niveis de aparcadoiros PÚBLICOS E DE BALDE para os veciños dunha zona. Por ejemplo, é posíbel facer iso nas Cunchiñas, onde hai un aparcadoiro que custa unha millonada e onde non hai apenas carros, mentres a xente fóra dá voltas e voltas para aparcar. O mesmo pasa pola zona da Torre en Monte Alto. Fáltache engadir este detalle porque, do contrario, a resposta vai ser na liña de pedro_catr, con todo o sentido do mundo. Hai máis Coruña debaixo que arriba. O que se necesita é mellorar o transporte público, o acceso a pé e en bici. Despois, se temos cinco carros nunha familia de catro, igual o problema é noso. Con todo, agora que os temos, deberiamos poder estacionalos de balde e sen pagar. Se a túa proposta chega a porto, eu defendería que eses aparcadoiros fosen públicos.

    Sen respostas