Na Coruña Contas

  • ClaraVidal

    Non se se continúa activa, mais había unha exposición no Obelisco onde contaban que todo isto xa está en marcha. As bicicletas eléctricas chegarán (seica) antes de final de ano, con moitas máis estacións. Por exemplo, chega a Pablo Picasso e tamén aos polígonos industriais! As bicis novas eléctricas teñen unha cestiña flexíbel, que se adapta ao bolso que leves ou á mochila, porque son como dúas gomas elásticas... Permíteche ir á compra daquela maneira. A min os cestos que hai agora parécenme mellores, mais non podes comprar un mundo, claro. Dende Casares Quiroga á estación de Ferrocaril, autobuses ou á biblioteca González Garcés non tardas nada. Debería haber estacións preto de todas as zonas, mais xusto nesa zona hai bastantes preto. Onde non había era por Pablo Picasso, Birloque etc. A ver se se dignan.

    Sen respostas