Na Coruña Contas

  • jesus

    Como ben dis, hai diariamente vehículos particulares estacionados en batería na parada desde fai anos. Isto é algo que ten que cambiar. Antes a excusa era a presenza do supermercado Gadis e que a xente tiña que facer a compra polo que malestacionaban enfronte, pero agora que se trasladou o supermercado á avenida Casanova de Eirís xa non hai esta excusa.
    En ocasións, incluso hai vehículos en dobre fila por diante destes estacionados en batería polo que os e as veciñas temos que subir e baixar do bus no medio da estrada e este ten que parar no carril en sentido contrario impedindo a circulación en ambos sentidos. Ademais faise imposíbel a utilización do bus por familias con carriños de bebé e persoas en cadeira de rodas.
    Apoio esta iniciativa e agardo que vaiamos tomando conciencia pouco a pouco destes problemas.

    Sen respostas