Na Coruña Contas

  • galego1906
    galego1906  •  Autor  •  08/06/2017 17:28:13

    a miña proposta vai encamiñada a solucionar dúas cousas dunha vez. Por unha banda, rematar a musealización do abandoado Castro de Elviña, e por outra facer na súa entorna, sobre todo na ladeira do monte que baixa cara a POCOMACO e cara a Feans, un gran bosque de especies autóctonas. Imaxinade o que pode significar para o futuro da cidade contar con esa gran masa verde pola que poder pasear, sair a correr, facer percorridos en bici, observar algunha fauna en liberdade, etc, etc. e todo libre de vehículos e ruido. Antes de que chegue a especulación urbanística a esta zona, non deberíamos deixar pasar esta oportunidade única que aínda temos de deixar aos nosos fillos unha zona da que sentirse orgullosos e da que poder disfrutar á porta de casa.

      • jmbello

        Existe xa un proxecto de tratamento da vexetación en toda esa zona, que gañou un concurso internacional de equipos pluridisciplinares para a actuación no Castro de Elviña e a súa contorna. O autor galardonado é o prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura e con obras na cidade como o Museo de Belas Artes, o Museo da Colexiata ou edificio de Biblioteca do Castelo de San Antón.
        Esta é unha oportunidade magnífica para poñer en práctica ese proxecto de calidade extraordinaria no que se refire ao tratamento da paisaxe mediante a incorporación de especies autóctonas.

        Sen respostas