Na Coruña Contas

  • Martineteiro
    Martineteiro  •  Autor  •  06/05/2017 03:52:07

    As cabinas que estan actualmente nas rúas non funcionan e o único que fan é acumular sucidade. Se tes unha urxencia, tes moitas de opciós.
    1. Ter con que cargar a batería. Nos bares soen ter cargadores, pagas un café que é o que che costaría chamar pola cabina, e xa están máis que afeitos... 2. Ir a un centro comercial, cafetería, centro cívico ou hotel que teña teléfono. 3. Se é moi moi urxente, non haberá ninguén que che deixe enviar un whatsapp ou facer unha chamada? Hoxe en día non hai necesidade de ter cabinas,,,mais se fosen bonitas ou funcioasen pois tería un pase...pero non...

      • platas-seixas

        Non sei en todas as cabinas, pero na maior parte aínda hai servizo. Os bares non teñen a obriga de ter cargadores, para eles é unha molestia, e non en tódolos bares hai. Unha chamada de cabina vale moito menos ca un café (consulta reportaxes de lugares pequenos nos que aínda hai cabinas). Eu non teño whatsapp nin quero telo, non estou obrigado e moléstame que haxa presión para telo actualmente. Hoxe hai necesidade de manter cabinas por se acaso hai necesidade. Lémbroche que o whatsapp caeu e a xente estaba desesperada por non ter outra opción. Finalmente, ¿`por que os locais privados poden ter teléfono público e as rúas non?

          • Martineteiro
            Martineteiro  •  Autor  •  06/05/2017 14:17:29

            Manteño a miña opinión, estás a presentar unha postura bastante pouco habitual, mais es libre de tela. Un apunte nada más, en España pasamos de 100.000 a 25.000 cabinas en todo o país, nos últimos seis anos e disminuirá a 15.000 nos próximos, así que é cuestión de tempo que desaparezan dunha vez por todas e que a lei sexa modificada, mais iso non nos concerne nin a nós nin a un gobierno local. Informándose un poco máis (grazas por iniciar o debate) Hai unha lei que obriga a garantir unha cabina por cada 3mil persoas. Na Coruña estamos no número xusto de cabinas por habitante, así que o que hai que facer é que telefónica (encargada do seu mantemento) as manteña en condicións, ou trasladalas. Ésta proporción máis temprano que tarde vai aumentar seguro.... Agora digo...na Coruña hai, se non me equivoco, 10 centros cívicos, hai hospitáis, ambulatorios... dúas cabinas por centro sería máis que suficiente, seguirían sendo públicas e estarían máis coidadas no interior destes lugares.

            Sen respostas