Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Propostas de investimento non viables: Distrito 8

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Delimitar unha zona canina no Parque de Oza

21/09/2022  •  psexto  •  Distrito 8

Dende a nosa asociación delimitar un zona para os cans  no parque de Oza

Estación BiciCoruña en Palavea-Sta Gema

12/09/2022  •  jon.war  •  Distrito 8

Os barrios de Palavea e Santa e Xema non teñen acceso a estacións de Bici Coruña nas súas proximidades polo que se propón a instalación dunha estación Bici Coruña na zona.

Conexión_hospital.jpg

Conexión CHUAC con Avenida Monelos

15/09/2022  •  U  •  Distrito 8

Propongo continuar la "Rúa Inés de Ben", urbanizando la zona y alineando la calle con "Rúa A Calexa", creando así una calle que dé mejor acceso al hospital, incluyendo aceras y carril bici.

biosaudable

Parque Infantil + Zona Biosaudable no alto de Eirís e Xuxán

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Dende o Parque que hai sobre o túnel de Eirís ata Fonteculler non atopamos ningunha zona biosaudable, con aparellos para facer ximnasia ó aire libre en calquera momento. E case ocorre o mesmo cos parques infantís. Esta zona máis rural ten moitas cousas pendentes, estas 2 son parte delas.

Tanto pola idade da poboación (persoas maiores, moitas veces con nenos e nenas ó seu cargo durnte o día) como por ser unha zona que escolle moita xente para pasear, consideramos que debera haber unha zona destas características no alto de Eirís.

A localización deixámola a elección do Concello, sempre e cando cubra a zona na que se carece do servizo.

Arranxo e acondicionamento da Rúa Palavea

16/09/2022  •  Maria de Palavea  •  Distrito 8

As veciñas e veciños de Palavea necesitamos que se amañe a Rúa Palavea pola que paseamos as persoas maiores. O que lle chamamos a "Calle Real" para nós. É unha zona donde moitas persoas de idade elevada facemos o noso paseo a diario e hai moito risco de tropezar polo mal estado do firme e das beirarrúa. E tamén poñer algún banco para poder descansar na sombra

Parque eiris

12/09/2022  •  vales  •  Distrito 8

Ampliar la zona infantil del parque de eiris que para el terreno que hay y la zona que pilla ( castrillon, eiris y monelos) queda ridícula por la poca variedad que existe para los pequeños

Estreito

Ampliación da beirarúa na Canteira de Eirís - Camiño de Santiago

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Na avenida de Monelos, no tramo que vai dende o número 217 ata o 221 da mesma, hai un estreitamento da beirarrúa que fai que non se poidan cruzar dúas persoas, e que as cadeiras de rodas teñan que circular pola calzada.

- É Camiño de Santiago. Da pena ver pasar xente coas mochilas polo asfalto porque non lles caben.

- Por aí baixan e suben centos de coches do CHUAC a diario, e en época escolar súmase o incremento de vehículos en entrada e saída por desprazamentos a escolas.

-A escasos metros está a parada do bus de varias escolas, e é unha zona bastante transitada.

- A beirarrúa de enfronte que ven dende a subestación de Fenosa está sen rematar a esta altura, polo que é obrigatorio para subir ou baixar por esa zona ir por ese tramo de beirarrúa tan estreito.

- No centro da vía hai unha illa que ocupa un espacio estéril. Todo isto é caldo de cultivo para que haia moitos sustos entre coches e peóns, e ten habido xa varios atropelos e choques.

SOLICITAMOS que se amplíe esa beirarrúa  sobre o asfalto, e que se amplíe o asfalto polo lado de enfronte, polo fermoso arcén que hai sen uso do outro lado da rúa E que se habilite a beirarrúa de enfronte ata o paso peonil.

Esta é a localización exacta do estreitamento: https://www.google.es/maps/place/Renior+Eletr%C3%B3nica/@43.3429566,- 8.3974609,3a,75y,159.81h,77.66t/data=!3m6!1e1!3m4!1sOrhkXYWrLdfPzMQPgZV-fg!2e0!7i16384! 8i8192!4m5!3m4!1s0xd2e7ca75ca06631:0x59204eb422a38c96!8m2!3d43.3426766!4d-8.3971016? hl= gal

Eliminar de raíz los plumachos que invaden el barrio

16/09/2022  •  raquelnunezorjales  •  Distrito 8

Eliminar los plumachos que invaden Eirís y Xuxán

camiño stgo

Camiño de Santiago. Recuperar o percorrido de principios de século

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

O Camiño de Santiago atravesaba Eirís. Era o Camiño de Eirís. Partía da Estrada de Eirís, entraba en Eirís de Abaixo, pasaba pola Fonte dos Caños, pola casa de Xosé Lesta Meis, subía cara MonteMero, e baixaba a Pedralonga. E así figuraba nas escrituras das fincas colindantes, como Camiño Real.

Tiñamos as cunchas oficiáis sinalizándoo, e as flechas amarelas pintadas nos postes indicando a ruta.

Pero coas obras do Parque Ofimático apareceron na Estrada de Eirís uns carteis coa lenda de "Desvío provisional do Camiño de Santiago". Anos despóis a Xunta modificouno, e logo as excavadoras fixeron o resto, arrasando o Camiño, incomunicando parte do barrio, substituíndoo por unhas escaleiras imposibles. 

En outros lugares protexen o Camiño de Santiago e o entorno, aquí cambiano de sitio para especular cos terreos. 

Agora a parcela o antigo tramo é propiedade do Concello.  E solicitamos que o habiliten de novo como Camiño, e poder tamén recuperar o Camiño de Santiago, con un percorrido ben máis amable que a actual avenida de Monelos, Estrada de Eirís, e Avenida de Montserrat.

 

Pergola no Parque de Oza

18/09/2022  •  psexto  •  Distrito 8

El parque de Oza es un lugar fundamentalmente de paseo (a pié, en bici o con el perro). En toda la extensión del parque no existe una zona que permita protegerse cuando llueve, lo que ocurre con cierta frecuencia.

Propones una pergola para que los dias que llueve los vecinos puedan protegerse de la lluvia