Na Coruña Contas

Volver

Camiño de Santiago. Recuperar o percorrido de principios de século

monicaeiris monicaeiris  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

camiño stgo
camiño stgo

Código proposta de investimento: 4278

O Camiño de Santiago atravesaba Eirís. Era o Camiño de Eirís. Partía da Estrada de Eirís, entraba en Eirís de Abaixo, pasaba pola Fonte dos Caños, pola casa de Xosé Lesta Meis, subía cara MonteMero, e baixaba a Pedralonga. E así figuraba nas escrituras das fincas colindantes, como Camiño Real.

Tiñamos as cunchas oficiáis sinalizándoo, e as flechas amarelas pintadas nos postes indicando a ruta.

Pero coas obras do Parque Ofimático apareceron na Estrada de Eirís uns carteis coa lenda de "Desvío provisional do Camiño de Santiago". Anos despóis a Xunta modificouno, e logo as excavadoras fixeron o resto, arrasando o Camiño, incomunicando parte do barrio, substituíndoo por unhas escaleiras imposibles. 

En outros lugares protexen o Camiño de Santiago e o entorno, aquí cambiano de sitio para especular cos terreos. 

Agora a parcela o antigo tramo é propiedade do Concello.  E solicitamos que o habiliten de novo como Camiño, e poder tamén recuperar o Camiño de Santiago, con un percorrido ben máis amable que a actual avenida de Monelos, Estrada de Eirís, e Avenida de Montserrat.

 

Proposta en nome de: AVV EIRÍS

Informe de inviabilidade

Esta proposta non é viable porque non é inversión nin competencia do Concello da Coruña delimitar o camiño de Santiago.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos