Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 5

Propostas de investimento non viables: Distrito 5

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Estación bici coruña Gregorio Hernández - Ronda de Nelle

14/09/2022  •  GBG  •  Distrito 5

Propongo la creación de una estación de bici coruña en la zona alta de la calle Gregorio Hernández aprovechando las obras de reurbanización y carril bici entre la Avda. de la Habana y Gregorio Hernández que se están ejecutando actualmente. Las estaciones más próximas que dan servicio a los usuarios en las inmediaciones de la ronda de Nelle son las de la Casa del Agua y Paseo de los Puentes, pero ninguna de ellas salva el considerable desnivel que existe y que junto a las nuevas bicis eléctricas resultaría muy útil para conectar esta zona con el centro de la ciudad y fomentar la movilidad sostenible. Además, daría servicio a los usuarios del espazo Amizar, en una zona donde resulta muy complicado encontrar sitio para aparcar.

TERREO ENTRE ÁGORA E CEIP RAQUEL CAMACHO

13/09/2022  •  PAIO  •  Distrito 5

Ao CEIP Raquel Camacho restóuselle espazo do seu patio para construir a gardería e para compartir co IES AGRA DO ORZÁN. A cambio cederíaselle terreo inutilizado entre o Ágora e o pavillón do colexio para compensar a perda de espazo. 

Sería unha cesión moi necesaria que facilitaría a creación de espazos necesarios dos que se carece e a realización de moitas actividades para os rapaces e rapazas do centro ademais de ter un acceso moito máis directo ao Ágora, no que participan en múltiples actividades. 

Asemade, contribuiría ao saneamento do terreo e a darlle un uso de servizo público a todo o alumnado do barrio que está escolarizado nese centro e que participa nos campamentos de verán.

Mejorar y Ampliar carril bici en O Portiño ata a entrada da depuradora

25/09/2022  •  carlos.py  •  Distrito 5

1. O carril bici termina na rotonda antes da depuradora, desde alí compártese a senda de terra cos peóns. Para as bicicletas ir pola calzada ten mal acceso de volta á senda na zona da entrada á depuradora. Poderíase sinalizar un carril bici pola calzada de acceso á depuradora e unha rampla adecuada de acceso final á senda, desta maneira as bicicletas ata alí non interferirían cos peóns.

2. Esta medida melloraría aínda máis ampliando o carril bici ata a cala de Bens. Estes traxectos son bastante concorridos tanto por peóns como por ciclistas.