Na Coruña Contas

Volver

TERREO ENTRE ÁGORA E CEIP RAQUEL CAMACHO

PAIO PAIO  •  13/09/2022  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 3791

Ao CEIP Raquel Camacho restóuselle espazo do seu patio para construir a gardería e para compartir co IES AGRA DO ORZÁN. A cambio cederíaselle terreo inutilizado entre o Ágora e o pavillón do colexio para compensar a perda de espazo. 

Sería unha cesión moi necesaria que facilitaría a creación de espazos necesarios dos que se carece e a realización de moitas actividades para os rapaces e rapazas do centro ademais de ter un acceso moito máis directo ao Ágora, no que participan en múltiples actividades. 

Asemade, contribuiría ao saneamento do terreo e a darlle un uso de servizo público a todo o alumnado do barrio que está escolarizado nese centro e que participa nos campamentos de verán.

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque non é un investimento .


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos