Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 2

Propostas de investimento non viables: Distrito 2

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Zona autocaravanas en la Torre de Hércules

23/09/2022  •  Iriabb  •  Distrito 2

Zona para vaciado de cassette de WC, vaciado de aguas grises, basuras, agua potable...  para caravanas, como el existente en San Pedro de Visma.

PEATONALIZAR PLAZA AS LAGOAS

13/09/2022  •  elenafg  •  Distrito 2

Esa plaza es el corazón del barrio. Las terrazas cada vez más grandes se quedan pequeñas todos los fines de semana y en cuanto sale un rayo de sol.... al igual que la zona de juego y el parque infantil. Eliminando la circulación desde el Quiron Oftalmologico hasta el Bar Bahía permitiría dar continuidad a la zona recreativa.  La circulación se podría canalizar por el paseo y las calles traseras sin problema.  Para no eliminar plazas de aparcamiento, se pueden cambiar a batería en todo el paseo, como ya se hizo en otros tramos, evitando el doble carril sentido a la Torre de Hércules: está claro que no es necesario (ya que se eliminó en el sentido contrario sin traumas) y sólo fomenta el exceso de velocidad, ruido y peligro para los vecinos.   

estacións de bicicoruña nos centros educativos

14/09/2022  •  Anaimduarte  •  Distrito 2

Solicitamos a instalación de estacións de bicicoruña nas contornas dos IES de Monte Alto e Zalaeta.

Fotografías

Rematar urbanización e pavimentación da Calle Atocha Alta

23/09/2022  •  aalvarez  •  Distrito 2

Bos días,

gustaríame propor a reurbanización e pavimentación da rúa Atocha Alta entre a praza Cantigas da Terra e a praza Juan Manuel Iglesias Mato.

Cos presupostos de anos anteriores acometeuse o tramo que vai dende a rúa da Torre ata a praza Cantigas da Terra.

Propoño continuar a actuación ata a praza Juan Manuel Iglesias Mato, de maneira que quede rematada toda a rúa.

Moitas grazas

cubrir a pista deportiva o ies durmideiras

14/09/2022  •  Anaimduarte  •  Distrito 2

Recentemente cambiouse o número de horas lectivas de clase de educación física. No inverno vaise dar a circunstancia de que non hai espazo cuberto suficiente para practicar a clase no instituto. Solicitamos cobertura do patio descuberto.

Paso de peóns elevado en Ramón del Cueto

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 2

O cruce entre as rúas Ramón del Cueto e Curros Enríquez, ao carón do edificio da Cruz Vermella, é moi utilizado polos veciños de Montealto que baixan ao centro. Ao ser unha rúa costa abaixo en moitas ocasións os coches baixan a gran velocidade. É preciso instalar un paso de peóns elevado, semellante ao que se atopa máis abaixo ao carón do patio do Ceip de Zalaeta.

Arranxar o enreixado do CEIP Zalaeta

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 2

O enreixado do CEIP Zalaeta está moi deteriorado nalgunhas zonas debido ao óxido, chegando a desfacerse. Precisa dunha reforma que o arranxe, posto que van cativos de Infantil e Primaria.