Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Mejoras BiciCoruña

13/09/2022  •  LNN  •  Toda a cidade

Aumentar el número de bicicletas por estación

Aumentar el número de bicicletas mecánicas

Poner un sobretejado en las estaciones para que las bicicletas no se mojen cuando llueva

 

Fontes e baños públicos

24/09/2022  •  manu15  •  Toda a cidade

Medida que xa se aprobou en orzamentos participativos anteriores pero non se levou a cabo.

Apoio a traballadores en folga

12/09/2022  •  24777  •  Toda a cidade

De acordo á lexislación en vigor, os traballadores que demandan mediante folgas melloras nas súas condicións laborais, perden todo o seu salario.

O obxectivo desta proposta é que o Concello asuma o diñeiro que deixan de percibir en concepto de salarios os traballadores cando convocan paros.

A loita sindical duns son conquistas para todos.

Espazos cubertos

14/09/2022  •  santi74  •  Toda a cidade

Propoño que haxa espazos abertos con cuberta para que os nen@s poidan xogar cando chove

0f872e929c9e70699189a11b28a0032509ce5df9.jpg

Metrominuto peonil / ciclista

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Toda a cidade

Para visibilizar a escasa distancia e tempo a empregar para percorridos a pé e en bici ou VMP na cidade da Coruña, dende Mobi-liza propoñemos o sistema metrominuto como o existente en cidades como Pontevedra.

A proposta inclúe a colocación de paneis informativos lexibles en diferentes puntos da cidade que amosen o mapa co metrominuto. Entendemos imprescindible que estes paneis cumpran unha serie de requisitos para ser inclusivos e lexibles, tales como: altura para diferentes persoas (nenos, persoas en cadeira de rodas, etc.), tamaño de letra lexible, fonte de letra simple, linguaxe visual clara, mapas que se poidan entender universalmente, etc.

Deste xeito, cremos que se incentivarían os desprazamentos a pé e en bici, xa que se demostraría que o tempo a empregar é moi pouco, desmitificando a distancia

Mural en 4 Camiños

Colocación de ilustracións/murais no espazo público de artistas locais

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Colocación de ilustracións/murais no espazo público (mobiliario, muros, edificios públicos), confeccionados por artistas locais, con posible apoio de Coruña Gráfica, para a súa perduración no tempo e o embelecemento do espazo público e o apoio da cultura local.

Esto consistiría nun investimento ó consistir na execución dalgo fisico e perdurable no espazo público municipal, cun coste material. 

Minigolf Volkspark en Mainz

Minigolf

26/09/2022  •  JDZ  •  Toda a cidade

Creacion de un espacio al aire libre donde poder practicar minigolf con familia y amigos.

Aprovechar alguno de los espacios verdes que hay en la ciudad para crear un espacio de entretenimiento al aire libre para familias y coruñeses donde pasar un rato agradable.

 

Aumentar e millorar os parques caninos

24/09/2022  •  Zirtaeb  •  Toda a cidade

Cada día é máis necesario ter zonas amplias de esparcemento para os cans e os donos onde se poidan soltar sen perigo para outros usuarios. Algunha das zonas establecidas quedan pequenas vista a concentración de cans e donos.

Tamén sería bó millorar as instalacións dos mesmos, se hai marquesinas para que os donos poidan cubrirse da choiva soen estar mal orientadas ou ser demasiado pequenas.

 

Poner arena de verdad en las playas de Riazor y Orzán

26/09/2022  •  rocky  •  Toda a cidade

Soy consciente de que todos los años en invierno se lleva la arena el agua del mar cuando hay tormentas pero sería preferible poner arena de verdad en las playas de Riazor y Orzán en vez de poner piedras trituradas, cuando andas por encima te rozan los pies y como corras descalzo hasta te puede llegar a hacer heridas.

 

Este cambio será positivo tanto para los coruñeses como para el cada vez mayor número de turistas que visitan Coruña todos los años

Paradas de autobús que sexan mini-xardíns para a polinización

26/09/2022  •  elizcao  •  Toda a cidade

Ir reemprazando as paradas de autobús - primeiro as que precisen xa reemprazo para ir co tempo conseguindo reemprazalas todas - por unhas que teñen un mini-xardín enriba que axuda á polinización de abellas e demáis insectos e, polo tanto, ao ecosistema (algo necesario en xeral, pero máis aínda nas cidades).

Están sendo usadas en moitas cidades de Europa. Aquí vai un artigo moi recente ao respecto.  https://www.theguardian.com/environment/2022/sep/24/bus-shelter-roofs-turned-into-gardens-for-bees-butterflies-aoe