Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Museo das vítimas do franquismo, no cárcere da Coruña

25/09/2022  •  beatrizgomezamigo@gmail.com  •  Toda a cidade

Unha vez que o Concello solicite a categoría de BIC á Xunta de Galiza, e que o Estado devolva ao Concello tal edificio, utilizalo como museo, onde miles de persoas sofriron cadea, outras morreron, padeceron torturas, fame, enfermedades...

Visita teatralizada Cemiterio Santo Amaro

Recuperar as visitas teatralizadas

22/09/2022  •  bfrr  •  Toda a cidade

Durante a última década A Coruña contaba con visitas guiadas teatralizadas de gran nivel que eran un éxito. Incluían as coñecidas do Cemiterio de Santo Amaro, pola Cidade Vella, Camiño Inglés, Monte de San Pedro, Contorna da Torre, etc.

A partir da pandemia estas visitas desapareceron e xa só se fixeron en ocasións puntuais desde a Concellería de Medio Ambiente para dar a coñecer o cemiterio de Santo Amaro.

A proposta é de recuperar estas visitas de gran calidade que eran unha motivación tanto para residentes como turistas. 

Bosque

13/09/2022  •  vales  •  Toda a cidade

Creación de un pequeño bosque en la ciudad en penamoa, que ayude a mejorar la calidad del aire y un sitio donde pasear en familia

Contaminación lumínica

Coruña cidade das estrelas

12/09/2022  •  MCP  •  Toda a cidade

Sustituir a iluminación da cidade por outra que disminúa a contaminación lumínica e permita ver máis estrelas.

Pantallas_LED_información_municipal.jpg

Pantallas LED información Municipal

15/09/2022  •  JB  •  Toda a cidade

Instalación de monopostes o paneles con pantallas dinámicas LED en lugares estratégicos de la ciudad para información de índole municipal a la ciudadanía, exceptuando la de carácter político e ideológico, tal cómo:

- Información metereológica y medio ambiental.

- Tráfico, aparcamientos públicos, accidentes, calles cortadas...

- Eventos culturales, deportivos, exposiciones, bibliotecas...

- Avisos, emergencias, obras públicas...

- Teléfonos de interés y de orientación municipal al ciudadano. 

- Concienciación cívica ciudadana e información de sanciones por incumplimiento.

- Turismo, orientación a visitantes...

- Etc

Se trata de que el ciudadano esté directamente informado por el ayuntamiento de lo más relevante de lo que suceda en la ciudad en cada momento y de aquellos avisos que sean importantes para su conocimiento.

Colocación de aparcabicicletas por toda a cidade

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Colocación de novos aparcabicicletas públicos por toda a cidade, ó fin de garantir esta forma de transporte allea ós combustibles fósiles. 

 

 

Cociña solar funil formigón

COCIÑAS SOLARES

19/09/2022  •  winchester73  •  Toda a cidade

Instalación de COCIÑAS SOLARES (tipo funil, feitas de formigón con reflectores de espello de vidro ou de aluminio óptico) en diferentes parques e zonas verdes da cidade, de sinxela colocación e posibilitando (debido á súa natureza inocua) a inclusión en zonas de especial protección coma na contorna da Torre de Hércules.

Incluíndo paneis informativos e actividades de ensino de uso. As personas que quixesen usalas terían que levar a súa propia pota e as cuncas de vidro ou establecer un sistema de préstamo de vidros.

Responsabilidade dos donos dos cans

13/09/2022  •  Noemí  •  Toda a cidade

Encontrar unha solución para que os donos dos cans que non recollan as deposicións teñan responsabilidade ante esto. É moi desagradable pasear pola cidade ou estar tumbado nun parque e ver todo sucio. 

novatadas2_-_644x362_(2)_(1).jpg

CREACIÓN DUN ESPAZO MUNICIPAL PARA XUVENTUDE EXPULSADA DE CENTROS EDUCATIVOS

26/09/2022  •  YLM  •  Toda a cidade

Crear instalacións municipais en tódolos distritos da cidade aos que poidan acudir todos os rapaces e rapazas que son expulsados/as dos centros educativos. En moitas ocasións cando se producen situacións deste tipo as familias non están no fogar para dar atención a esta xuventude, polo que se producen situacións de desprotección e risco. Sería necesario un espazo público ao que puideran asistir estas persoas para evitar estas situacións. É algo que pasa con frecuencia nesta e en tódalas cidades e non existe un recurso para dar resposta ás situacións