Na Coruña Contas

Volver

Recuperar as visitas teatralizadas

bfrr bfrr  •  22/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Visita teatralizada Cemiterio Santo Amaro
Visita teatralizada Cemiterio Santo Amaro

Código proposta de investimento: 4038

Durante a última década A Coruña contaba con visitas guiadas teatralizadas de gran nivel que eran un éxito. Incluían as coñecidas do Cemiterio de Santo Amaro, pola Cidade Vella, Camiño Inglés, Monte de San Pedro, Contorna da Torre, etc.

A partir da pandemia estas visitas desapareceron e xa só se fixeron en ocasións puntuais desde a Concellería de Medio Ambiente para dar a coñecer o cemiterio de Santo Amaro.

A proposta é de recuperar estas visitas de gran calidade que eran unha motivación tanto para residentes como turistas. 

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque a actividade non é un investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos