Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Foto de pantalla informativa de segunda xeración do Concello e de Alsa

Unificación da información sobre o transporte público

25/09/2022  •  Gabriel  •  Toda a cidade

Aínda que o concello non ten competencias nos interubanos poderíase chegar a un acordo para amosar nas paradas que se comparten os buses urbanos e interurbanos o tempo de espera de ambos, como por exemplo na parada dos Castros que hai pantallas do concello ou en Santa Cristina que hai unha de Alsa e que podería amosar tamén o 1A cando circula alí.Ademáis debería mellorarse os avisos ao público (puidendose usar as pantallas para iso) e regularizar a situación semanal de San Andrés poñendo postes nas paradas alternativas e adaptando o sistema informático para amosar os tempos nas paradas e app.

Asfaltar Ronda de Outeiro

13/09/2022  •  Martin  •  Toda a cidade

Asfaltar Ronda de Outeiro entre o Ventorrillo e a rotonda do Pavo.

Paya para perros

26/09/2022  •  Akinne  •  Toda a cidade

En el distrito 1 hay un gran número de playas y calas, donde nuestros peludos pueden refrescarse y disfrutar del verano. Se popone habilitar una zona de la playa del orzán, o alguna cala de la zona de Torre Hércules, para el uso y disfrute de nuestros perros.

AUMENTAR AS ESTACIONS DE BICICLETAS

18/09/2022  •  lesias_8  •  Toda a cidade

Penso que quedan insuficientes, necesitariamos ter mais puntos de estacions de bicicletas. 

Caixas nido para paxaros, bolboretas, insectos e morcegos.

12/09/2022  •  MCP  •  Toda a cidade

Repartir pola cidade caixas nido para paxaros, bolboretas, insectos e morcegos.

Tarxeta Milenium no móbil

24/09/2022  •  manu15  •  Toda a cidade

Medida que xa se aprobou en orzamentos participativos anteriores pero non se levou a cabo.

Xerión

Implantación dos Murais de Xerión por toda a cidade en mobiliario, escultura...

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Hai xa un tempo apareceron pola cidade una serie de mosaicos que fan referencia á figura do xigante xerión, persoaxe que forma parte da lenda fundacional da cidade e que figura no escudo da mesma, íntimamente ligada á Torre de Hércules.

Estes carecen de firma de autor, significación política ou comercial, e supoñen unha intervención artística orixinal e diferenciadora con respecto doutras urbes.

Proba da súa aceptación e apoio cidadán, hai diversos exemplos (ata de personalidades deportivas) que fixeron seus esta figura e confeccionan as súas propias versións. Mesmo a cidade foi protagonista de guías de viaxe internacionais pola súa presenza.

Ainda que o goberno municipal prometeu que respectaría os existentes, estes foron desaparecendo recentemente de espazos municipais retirados por Medio Ambiente.

Plantexase o apoio a esta proposta mediante un investimento, convertendoo nalgo propio da cidade, reflectindoo en espazos municipais en diferentes formatos, dende escultórico, vinílico, artístico, en pezas de mobiliario urbán... cunha pervivencia das mesmas superior a un ano.

ISTO É UN INVESTIMENTO tal e como recollen as bases dos Orzamentos Participativos (xa que o ano anterior a proposta foi desbotada únicamente polo título e non polo contido). 

Este tipo de propostas multidisciplinares e de imaxe habitualmente son moi custosas para as arcas municipais pola dificultade de atopar un elemento diferenciador e único.

 

A SEGUINTE INFORMACIÓN É ALLEA Á PROPOSTA E PERMITE ENTENDER O ALCANCE QUE PODERÍA TER A MESMA A POSTERIORI DE CONTAR CON APOIO MUNICIPAL:

Deste xeito e en paralelo ó investimento, de forma allea ós orzamentos participativos, poderíase fomentar a creatividade dos mais pequenos e maiores mediante talleres de confección da figura (de gran sinxeleza executiva), implantala en uniformes municipais, cartelería, vinculado a unha parte de xuventude e espazos municipais ou a coruña creativa e cultura, folletos comerciais ou ofrecela para o seu uso a equipos deportivos locais nos uniformes.

Sen dúbida unha grandísima oportunidade para fomentar a imaxe da cidade nunha vinculación multidisciplinar en tódolos ámbitos sociais. 

Exemplo dunha vila galega (inspiración)

Cambiar as placas dos nomes das rúas por unhas de Sargadelos

16/09/2022  •  pablo.otero  •  Toda a cidade

O deseño das actuais placas cos nomes das cidades quedou desfasado. Algunhas teñen un claro deterioro.  Sería  unha boa oportunidade de ligarnos á nosa cultura apostar polo deseño local, encargando ás novas placas á Fábrica d Castro de Sargardelos en Sada. Serían brancas con letras dese azul tan característico de Sargadelos. 

Podería comenzarse a renovación pola Cida Vella e outras zonas de alto interese arquitectónico.

   

Espazos cubertos

14/09/2022  •  santi74  •  Toda a cidade

Propoño que haxa espazos abertos con cuberta para que os nen@s poidan xogar cando chove

Navidad en Montreux

Papa Noel sobrevolando Coruña en Navidad

26/09/2022  •  Jvidallo  •  Toda a cidade

Se propone para potenciar en Navidad el espíritu navideño y crear un ambiente mágico en la ciudad, copiar el mercado navideño de la ciudad suiza de Montreux, especialmente en lo referente a Papa Noel sobrevolando por encima de los puestos navideños.

En dicha ciudad posiblemente se vive el ambiente navideño más especial y asombroso para los ninos al ver pasar sobre sus cabezas cada hora un trineo con Papá Noel por encima de los puestos del mercado de Navidad.

La cara de asombro de los ninos al ver pasar a Papa Noel no se olvida nunca.

En lugar de centrarse, como en otros sitio, en el número de bombillas que encienden en esas fechas, con este espectáculo se conseguiría un ambiente navideño increíble que llenaría la ciudad de gente y lo más importante de niños. Sería, con diferencia, el mejor mercado navideño de España y uno de los más bonitos del mundo tanto si se montara en María Pita como si se decidiese montar en la Marina con puestos navideños de ventas de dulces, decoración navideña, complementos y comida típica.

En la Marina, con el mar y el puerto de fondo, ver volar a Papa Noel sería algo mágico.