Na Coruña Contas

Volver

Implantación dos Murais de Xerión por toda a cidade en mobiliario, escultura...

A. Martínez A. Martínez  •  15/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Xerión
Xerión

Código proposta de investimento: 3863

Hai xa un tempo apareceron pola cidade una serie de mosaicos que fan referencia á figura do xigante xerión, persoaxe que forma parte da lenda fundacional da cidade e que figura no escudo da mesma, íntimamente ligada á Torre de Hércules.

Estes carecen de firma de autor, significación política ou comercial, e supoñen unha intervención artística orixinal e diferenciadora con respecto doutras urbes.

Proba da súa aceptación e apoio cidadán, hai diversos exemplos (ata de personalidades deportivas) que fixeron seus esta figura e confeccionan as súas propias versións. Mesmo a cidade foi protagonista de guías de viaxe internacionais pola súa presenza.

Ainda que o goberno municipal prometeu que respectaría os existentes, estes foron desaparecendo recentemente de espazos municipais retirados por Medio Ambiente.

Plantexase o apoio a esta proposta mediante un investimento, convertendoo nalgo propio da cidade, reflectindoo en espazos municipais en diferentes formatos, dende escultórico, vinílico, artístico, en pezas de mobiliario urbán... cunha pervivencia das mesmas superior a un ano.

ISTO É UN INVESTIMENTO tal e como recollen as bases dos Orzamentos Participativos (xa que o ano anterior a proposta foi desbotada únicamente polo título e non polo contido). 

Este tipo de propostas multidisciplinares e de imaxe habitualmente son moi custosas para as arcas municipais pola dificultade de atopar un elemento diferenciador e único.

 

A SEGUINTE INFORMACIÓN É ALLEA Á PROPOSTA E PERMITE ENTENDER O ALCANCE QUE PODERÍA TER A MESMA A POSTERIORI DE CONTAR CON APOIO MUNICIPAL:

Deste xeito e en paralelo ó investimento, de forma allea ós orzamentos participativos, poderíase fomentar a creatividade dos mais pequenos e maiores mediante talleres de confección da figura (de gran sinxeleza executiva), implantala en uniformes municipais, cartelería, vinculado a unha parte de xuventude e espazos municipais ou a coruña creativa e cultura, folletos comerciais ou ofrecela para o seu uso a equipos deportivos locais nos uniformes.

Sen dúbida unha grandísima oportunidade para fomentar a imaxe da cidade nunha vinculación multidisciplinar en tódolos ámbitos sociais. 

Informe de inviabilidade

Tras unha valoración detallada, a túa proposta foi considerada técnicamente inviable por entender que suporía a compra dunha propiedade intelectual.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos