Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
1664012094827.jpg

Reparto do espazo na Praza de Ourense

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Toda a cidade

Có derrubo da cantina da Praza de Ourense gañarase espazo para os peóns, pero faltaría por resolver o paso de bicicletas e VMP por unha zona bastante conflictiva. Que no centro de unha cidade haxa 8 carriles (o dobre que en calquera autopista) para a circulación de vehiculos a motor parécenos unha barbaridade, que ademáis fomenta excesos de velocidade en tramos ainda urbanos.

Dende Mobi-Liza propoñemos a reducción de, polo menos, un carril por cada sentido de circulación na Avda Linares Rivas, entre a Delegación do Goberno e a Praza de Ourense, gañando ese espazo para os peóns e resolvendo a continuidade (segura) do carril bici dende a entrada do Porto ata os Xardíns de Mendez Núñez.

Contaminación lumínica

Coruña cidade das estrelas

12/09/2022  •  MCP  •  Toda a cidade

Sustituir a iluminación da cidade por outra que disminúa a contaminación lumínica e permita ver máis estrelas.

Restauración augas pluviaisen todo o concello, centrándose nos barrios rurais

25/09/2022  •  beatrizgomezamigo@gmail.com  •  Toda a cidade

No lugar de Cances, A Silva, A Moura- As Regas e Penamoa

Mantemento do Parque de Santa Margarida

24/09/2022  •  manu15  •  Toda a cidade

Zona abandonada polo Concello.

Albergue Xuvenil no casco urbano da cidade da Coruña

26/09/2022  •  HEBE  •  Toda a cidade

A idea consiste en ofrecer no centro urbano da Coruña un  albergue xuvenil que non soamente funcione como aloxamento turístico para a mocidade senón que tamén sexa un punto de encontro sociocultural para a propia xente xoven da zona, ao mesmo tempo que expanda a oferta laboral enfocada a enriquecer o sector cultural e turístico; abrindo as portas a un novo paradigma onde o intercambio cultural se fusione co propio desenvolvemento comunitario, creando un conxunto de intereses en común entre diferentes culturas (estranxeiras e locais), evitando un turismo “illado” e conseguindo así un progreso neste sector de forma  real, sustentable e enriquecedor a nivel sociocultural e económico para todas as partes. Segundo o informe global das tendencias de viaxes para 2022 publicado por American Express, os turistas buscan cada vez máis realizar viaxes con impacto positivo e sumerxirse na cultura local.

 

 

 

 

Ampliar o horario ata á 1h da mañá.

Comprar bicicletas cunha cesta de verdade

25/09/2022  •  jesusrodil  •  Toda a cidade

 

Nas novas bibibletas que se compren, esixir instalar unha cesta de transporte de verdade. No sistema empregado agora non se poden levar mochilas nin bultos.

Gracias

Estatua

Colocación da réplica de bronce da Estatua de Emilia Pardo Bazán en Tabacos

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Agora que a estatua orixinal voltou ó seu lugar de orixe, proponse a colocación da réplica retirada na contorna do edificio de Tabacos, ó ser este edificio o escenario dun dos seus principais vínculos literarios coa cidade.

 

 

Caixas nido para paxaros, bolboretas, insectos e morcegos.

12/09/2022  •  MCP  •  Toda a cidade

Repartir pola cidade caixas nido para paxaros, bolboretas, insectos e morcegos.

Crear un servicio de transporte público eficiente y eficaz que cubra toda la ci

16/09/2022  •  raquelnunezorjales  •  Toda a cidade

El autobús tiene que llegar a todos los rincones de la ciudad y que todos los barrios estén conectados por autobús.  Es fácil pasar el rodillo y prohibir aparcar pero lo que la ciudad necesita es un servicio decente de transporte público. 

Ejemplo

Creación del Museo de los Faros en la antigua Prisión Provincial de A Coruña

12/09/2022  •  Birloqueiro1991  •  Toda a cidade

Contamos con un recinto histórico como la antigua prisión provincial de A Coruña, al lado de uno de los emblemas de la ciudad como es la Torre de Hércules y el paseo marítimo. Se propone convertir la cárcel en un museo temático sobre los Faros de A Coruña ya que la posibilidad de que haya muchas visitas es ALTÍSIMA, otras ciudades "explotan" sus reliquias y nosotros no somos capaces de ello.

1) Rehabilitación del recinto

2) Creación de un Museo, ej: Museo de los Faros de A Coruña, un recorrido por todos los faros de Galicia desde el Faro Finisterre hasta el Faro de Estaca de Bares, con imágenes, una breve descripión o historia e incluso una pequeña maqueta.

3) Esta exposición podría aprovecharse en el marco de la cárcel y sus celdas siguiendo un orden geográfico de Finisterre a Estaca de Bares o viceversa.

4) Entrada para el acceso al museo (entrada simbólica para residentes de A Coruña).

Tener una obra de arte tan cerca del paseo marítimo y de la Torre de Hércules sin explotar y con tantas posibilidades de explotar por el alto número de personas que pasan por esa zona, me parece un desaprovechamiento de la ciudad.