Na Coruña Contas

Volver

Albergue Xuvenil no casco urbano da cidade da Coruña

HEBE HEBE  •  26/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 4230

A idea consiste en ofrecer no centro urbano da Coruña un  albergue xuvenil que non soamente funcione como aloxamento turístico para a mocidade senón que tamén sexa un punto de encontro sociocultural para a propia xente xoven da zona, ao mesmo tempo que expanda a oferta laboral enfocada a enriquecer o sector cultural e turístico; abrindo as portas a un novo paradigma onde o intercambio cultural se fusione co propio desenvolvemento comunitario, creando un conxunto de intereses en común entre diferentes culturas (estranxeiras e locais), evitando un turismo “illado” e conseguindo así un progreso neste sector de forma  real, sustentable e enriquecedor a nivel sociocultural e económico para todas as partes. Segundo o informe global das tendencias de viaxes para 2022 publicado por American Express, os turistas buscan cada vez máis realizar viaxes con impacto positivo e sumerxirse na cultura local.

 

 

 

 

Localización: A proposta de Localización para este proxecto podría ubicarse no conocido Centro Social "A Insumisa"

Documentos (1)

Informe de inviabilidade

A súa proposta foi calificada como inviable porque o orzamento superaría o millón de euros, límite máximo establecido para as propostas de cidade.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos